Un poema na túa voz
Para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, a
Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) convoca o concurso
«Un poema na túa voz» para incentivar a lectura de poesía entre o alumnado de Educación Primaria e 1º ciclo de
Educación Secundaria, promover e defender a potencialidade expresiva da
poesía en voz alta e contribuír á divulgación da creación poética de
autoras e autores galegos.
Os traballos poderán presentarse a través das bibliotecas públicas, das bibliotecas escolares ou de librarías.
Nas seguintes ligazóns podedes consultar as bases da convocatoria, así como os modelos de ficha de datos e de autorización de menores.

Ningún comentario:
Publicar un comentario