luns, 13 de marzo de 2017

Programación do 2 de abril. Día do libro Infantil e Xuvenil.

Actos de celebración:



·   Centro de interese “O soldadiño de chumbo” Do 27 de marzo ao 30 de abril na sala infantil.

·   Día 31 de marzo, venres, ás 18:00 h. na Sala infantil: Lectura da mensaxe e difusión do cartel polo Día Internacional  do Libro Infantil. Sesión de contos, a cargo de Bea Campos (Migallas) “O chícharo de Andersen e outros contos” Con cada préstamo un marcapáxinas de regalo.
  


·   Anímate e participa no concurso convocado pola OEPLI (Organización Española Para El Libro Infantil y Juvenil) e as súas seccións, entre elas a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte:Andersen hoxe” http://www.oepli.org/pag/gl/dia.php
Entrega de traballos: ata o día 30 de marzo: Na biblioteca (Información), de 9:00 a 20:30 h., por correo electrónico uo por correo postal .
 

xoves, 9 de marzo de 2017

SESIÓNS DE FORMACIÓN DE USUARIOS




As sesións de formación de usuarios teñen a finalidade de dar a coñecer aos nosos usuarios os recursos que ofrece a biblioteca e como usalos correctamente para o seu mellor aproveitamento.

As  sesións terán 1 hora de duración aproximadamente e terán o seguinte calendario:


MARZO
                 - Mércores 15 ( 18:00 h )
                 - Xoves 23 ( 11:00 h )
ABRIL
                 - Mércores 19 ( 11:00 h )
                 - Xoves 27 ( 18:00 h )
MAIO
                 - Martes 16 ( 11:00 h )
                 - Mércores 24 ( 18:00 h )
XUÑO
                - Martes 13 ( 11:00 h )
                - Mércores 21 ( 18:00  h )

Será necesaria a  inscrición previa, que poderá facerse ata unha hora antes do inicio das sesións no mostrador de información do hall de entrada ou chamando ao teléfono 886 159 250.

Os grupos constarán de 12 persoas como máximo .

Contido das sesións:
-Presentación da Biblioteca
-Catálogo:como facer úsquedas, bibliografías, opcións da conta persoal…
-Galicia Lee, Biblioteca Dixital: prensa histórica...
-Redes sociais (Facebook, blogger, twitter, Instagram, RSS), Páxina Web, Acceso WIFI

mércores, 8 de marzo de 2017

Actividades marzo 2017. Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Pasaporte de lectura das letras Galegas 2017. Do 17 de febreiro ata o 16 de maio.

 Que é o “Pasaporte de lectura das Letras Galegas 2017”?
É unha actividade dirixida ós usuarios adultos da Biblioteca que ten por obxecto o fomento da lectura en galego.

Que teño que facer?                   
Ler catro libros do centro de interese “Letras Galegas 2017”, que contén unha selección de obras de literatura galega escritas por mulleres e que estará no segundo andar desde o día 17 de febrero ata o 19 de maio.

Canto dura a actividade?
 Dende o 17 de febreiro ata o 19 de maio.

Que fago cando complete o "pasaporte"?
 Unha vez completado o pasaporte cos selos correspondentes, depositaranse na caixa situada no mostrador de préstamo na segunda planta da biblioteca. Posteriormente, o día 19 de maio ás 18:00 farase un sorteo público entre os pasaportes recibidos.

Cantos pasaportes podo completar?
 Non hai número limitado de pasaportes.

Ler ten premio?

Si, entre os participantes na actividade sortearanse 3 lotes de libros.


3 de marzo, venres:  Sesión de contos + obradoiro de debuxo: “Figueiriñas que plantei: 180 anos de Rosalía de Castro", a cargo de Polo Correo do Vento

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo

Sábado 4 de Marzo: "Sentir o mar" conferncia a cargo de María Bóveda. 
Obsdervatorio Socioeducatvio INSPIRA



Sinopse: Profesora de educación infantil e primaria e co-dinamizadora da iniciativa "Sentir o Mar", na que se desenvolve unha acción integradora e comprensiva da discapacidade visual na aula e fora dela.
Cunha experiencia de máis de 25 anos no ámbito da docencia, pública e privada, traballando en escolas rurais nos inicios da súa carreira e moitos deses anos traballando con nenos e nenas de infantil, é una apaixonada da educación a través da acción, a emoción e o significativo.
Nunha aposta persoal por levar a súa outra paixón (a navegación a vela tradicional) ao plano da inclusión e a reflexión nas aulas non dubidou en "embarcarse" no ilusionante proxecto "Sentir o Mar": unha oportunidade para achegar a experiencia deste tipo de navegación a persoas con discapacidade visual grave, pero ademáis para facer una profunda reflexión sobre a importancia de comunicar e experimentar a realidade sendo conscientes de que non sempre é posible facelo con todos os sentidos.

Data: Sábado 4 de marzo de 2017
Hora: de 11:00 A 13:00
Lugar: sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

8 de marzo, mércores-Día da Muller Centro de Interese sobre "As Irmás Touza"

9 de marzo-2 de abril. Exposición: Elisa no mundo das marabillas. Editorial Galaxia e APAMP (Asociación de Familias de Personas con Parálisis Cerebral). XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra "O MUNDO QUE QUEREMOS"

Público destinatario: Todos os públicos
Lugar: Sala de exposición
Horario: de luns a venres de 9:00 a 21:00 h e os sábados de 10:00 a 14:00 h.








10 de marzo-2 de abril: Centro de Interese "O Mundo que queremos".

Público destinatario: públio familiar
Lugar: SalaInfantil
Horario: de luns a venres de 16:00  a 21:00 h e os sábados de 10:00 a 14:00 h

10 de marzo: Centro de Interese sobre a obra de Luis Landero

Público destinatario: Adultos
Lugar: 2ª Andar
Horario: de luns a venres de  09:00  a 21:00 h e os sábados de 10:00 a 14:00 h

10 de marzo, venres:  Sesión de contos “Elas sempre contan: relatos das miñas escritoras favoritas”,  a cargo de Raquel Queizás

Sinopse: Elas contan, escriben, pintan, imaxinan outros mundo. Mulleres traballadoras que loitan por construir un mundo mellor a través da palabra.
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos

Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo


17 de marzo, venres: voluntarios

24 de marzo, venres: Sesión de contos: “Contos máxicos”, a cargo de Expresión Contacontos (Manuel Solla)

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo


31 de marzo, venres: Sesión de contos: “O chícharo de Andersen e outros contos”, a cargo de Bea Campos (Migallas)

“Especial Día Internacional do Libro Infantil, 2 de abril”
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo

As irmáns Touza


 Lola, Amparo e Julia Touza: tres mulleres galegas que merecen ser recordadas


Galicia, Ribadavia, anos 40. Nun contexto eminentemente rural, xorde a figura de tres mulleres que racha cos clixés dunha época na que o papel da muller se circunscribía básicamente ao contorno familiar.

Lola , Amparo e Julia Touza rexentaban a cantina da estación de ferrocarril de Ribadavia. Mulleres traballadoras, emancipadas, que incluso chegaron a ser nais sen ter que pasar pola vicaría. Sendo isto algo certamente extraordinario na Galicia desa época.


Ninguén sospeitou que baixo esa apariencia sinxela de mulleres rurais se atopaban tres persoas extraordinarias que adicaron o froito do seu traballo a axudar aos viaxeiros que chegaban de maneira clandestina, a fuxir dunha Europa horrorizada pola ameaza da Alemaña nazi.










Para combatir o antisemitismo non fai falla ser xudeu, como para loitar contra o racismo non fai falla ser negro. Lamentablemente, ás veces parece que para combatir a discriminación da muller, é necesario ser muller.” (Soledad Gallego Díaz)
Bibliografía:

Estación libertad : tres hermanas de Galicia ayudaron a escapar a miles de perseguidos por la Gestapo / Emilio Ruiz Barrachina CN RUI est

  Memoria de ferro / Antón Patiño Regueira. 23728

  Lola Touza : la Schindler Gallega 1941-1945 / Vicente Piñeiro GN PIÑ lol

Hoxe 8 de marzo destacamos... Do gris ao violeta



Do gris ao violeta: achegas á historia das mulleres de Pontevedra

Esta obra recolle unha magnífica historia sobre a outra metade, a que moitas veces se esquece na maior parte dos libros de historia: as mulleres. E máis en concreto as mulleres en Pontevedra desde a Idade Media até a actualidade.

Citando o propio libro:
"Protagonistas silenciosas e silenciadas, suxeitos históricos presentes desde os tempos antigos, na Gallaecia as benefactoras, labregas e viaxeiras; na Galiza medieval as artesáns, menciñeiras, soldadeiras, abadesas e raíñas, pertencen aos colectivos que comezaron a escrita dunha historia negada durante séculos".

María Xesús Lopez Escudero, Carme Vidal, María Victoria Martins Rodríguez, Xosé Alvarez Castro, Montse Fajardo, Ana Cabana Iglesia, Mario Gallego Rei, Ramón Rozas, María Abelleira e Ana Acuña son quen escriben neste libro que sen dúbida axusta contas e gustará a todos os lectores.


Referencia para pedilo na Biblioteca: 316 DOG






mércores, 1 de marzo de 2017

Sábado 4 de marzo: "Sentir o mar" , conferncia a cargo de María Bóveda


"Sentir o mar" conferncia a cargo de María Bóveda. 
Obsdervatorio Socioeducatvio INSPIRA

Profesora de educación infantil e primaria e co-dinamizadora da iniciativa "Sentir o Mar", na que se desenvolve unha acción integradora e comprensiva da discapacidade visual na aula e fora dela.
Cunha experiencia de máis de 25 anos no ámbito da docencia, pública e privada, traballando en escolas rurais nos inicios da súa carreira e moitos deses anos traballando con nenos e nenas de infantil, é una apaixonada da educación a través da acción, a emoción e o significativo.
Nunha aposta persoal por levar a súa outra paixón (a navegación a vela tradicional) ao plano da inclusión e a reflexión nas aulas non dubidou en "embarcarse" no ilusionante proxecto "Sentir o Mar": unha oportunidade para achegar a experiencia deste tipo de navegación a persoas con discapacidade visual grave, pero ademáis para facer una profunda reflexión sobre a importancia de comunicar e experimentar a realidade sendo conscientes de que non sempre é posible facelo con todos os sentidos.

navegación a persoas con discapacidade visual grave, pero ademáis para facer unha profunda reflexión sobre a importancia de comunicar e experimentar a realidade sendo conscientes de que non sempre é posible facelo con todos os sentidos.

Data: Sábado 4 de marzo de 2017
Hora: de 11:00 A 13:00
Lugar: sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

máis información: 

bibliotecas.xunta.gal/pontevedra/, http://observatorioinspira.blogspot.es/

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...