mércores, 1 de marzo de 2017

Sábado 4 de marzo: "Sentir o mar" , conferncia a cargo de María Bóveda


"Sentir o mar" conferncia a cargo de María Bóveda. 
Obsdervatorio Socioeducatvio INSPIRA

Profesora de educación infantil e primaria e co-dinamizadora da iniciativa "Sentir o Mar", na que se desenvolve unha acción integradora e comprensiva da discapacidade visual na aula e fora dela.
Cunha experiencia de máis de 25 anos no ámbito da docencia, pública e privada, traballando en escolas rurais nos inicios da súa carreira e moitos deses anos traballando con nenos e nenas de infantil, é una apaixonada da educación a través da acción, a emoción e o significativo.
Nunha aposta persoal por levar a súa outra paixón (a navegación a vela tradicional) ao plano da inclusión e a reflexión nas aulas non dubidou en "embarcarse" no ilusionante proxecto "Sentir o Mar": unha oportunidade para achegar a experiencia deste tipo de navegación a persoas con discapacidade visual grave, pero ademáis para facer una profunda reflexión sobre a importancia de comunicar e experimentar a realidade sendo conscientes de que non sempre é posible facelo con todos os sentidos.

navegación a persoas con discapacidade visual grave, pero ademáis para facer unha profunda reflexión sobre a importancia de comunicar e experimentar a realidade sendo conscientes de que non sempre é posible facelo con todos os sentidos.

Data: Sábado 4 de marzo de 2017
Hora: de 11:00 A 13:00
Lugar: sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

máis información: 

bibliotecas.xunta.gal/pontevedra/, http://observatorioinspira.blogspot.es/

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...