mércores, 21 de agosto de 2013

Obradoiro de animación a lectura. Xoves 29 de agosto de 11:00 a 12:00 h. na Biblioteca Pública de Pontevedra

A Cruz Vermella Xuventude durante o ano 2007 e 2008 traballou na creación do libro quitamedos  baixo o tìtulo “A Marca do cempés” e a partires do 2009 puxemos en marcha esta intervención en colexios de primaria e bibliotecas. Este libro pretende ser un recurso de axuda  para a comprensión da enfermedad e a hospitalización co fin de minimizar os temores á propia enfermidade. 





Desenvolvemento
A intervención consta de dúas horas cheas de actividades relacionadas  coa lectura da historia "A Marca do cempés".

Resumo da historia
O libro conta a historia dun neno chamado Breixo, doente de apendicite e como ingresa no hospital para operarse. 

Trala anestesia o neno ten un soño que pretende ser unha metáfora da intervención cirúrxica. O nexo de unión entre o soño e a realidade será a marca do cempés (cicatriz da operación e protagonista da historia). No soño, uns cempés escollen a Breixo, por ser o posuidor da marca do cempés, para atopar un tapón que ensombrece o seu mundo. O obxectivo é reflectir os sentimentos negativos que unha enfermidade pode ocasionar debido ao malestar ou ao propio medo á enfermidade. Para iso, Breixo terá que armarse de esperanza, valentía e compromiso para dar co tapón; habilidades que tamén precisará para afrontar calquera doenza.

O soño remata cando atopan o tapón e conseguen liberar o seu mundo, que coincide co momento no que esperta da anestesia. Novamente preténdese mostrar habilidades como a valentía e o compromiso como recursos positivos para afrontar a enfermidade, xa que, a pesares do cansanzo e esgotamento da intervención, ou do sono, Brei non perde a esperanza e a ledicia con novas ilusións, como nun contexto hospitalario, poden ser ver o sorriso da súa familia ou as actividades que pode desenvolver institucións como neste caso Cruz Vermella Xuventude.

Destinatarios
Nenos e nenas de 6 a 10 anos

Materiais         
Para o desenvolvemento da actividade cada alumno e alumna contará cun exemplar do libro quitamedos “A Marca do Cempés” elaborado  polo mesmo programa.

Impartido por 
Voluntarias e voluntarios de Cruz Vermella Xuventude, formadas no programa.

Inscripcións na Biblioteca Pública de Pontevedra
r/Alfonso XIII, 3
Pontevedra
Tlfn.986 850 838

martes, 20 de agosto de 2013

Actividades setembro 2013

13 de setembro, venres. Obradoiro “Creatividade literaria”, a cargo Luis Vallecillo

Crearemos un conto, poema ou canción utilizando técnicas literarias adaptadas ás idades dos participantes. Co fin de que non se perda ningunha das ideas dos cativos axudaremonos dun proxector de tal maneira que quede reflexada nunha pantalla en todo momento a creatividade que levan dentro.

Hora: 18:00
Lugar: Sala de obradoiros
Público destinatario: Nenos e nenas de 3 a 12 anos
Con inscripción previa, a partir do 2 de setembro no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es, no teléfono 986 85 08 38 ou na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h. (25 plazas)


20 de setembro, venres. Contacontos: “Contos nas orellas”, a cargo de Bea Campos

Lugar: Sala infantil
Público destinatario: Nenos e nenas a partir de 3 anos
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo



20 de Setembro, venres. Presentación do libro: Triste Escarlata de Marcus Cabada

Lugar: Salón de Actos
Hora: 19:30
Entrada de balde, ata completar aforo


27 de Setembro, venres. Contacontos: “ A cara dos contos”, a cargo de Chus Otero

Lugar: Sala infantil
Público destinatario: Nenos e nenas de 3 a 7 anos
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo


Tutoriais

Tutorial de consulta do catálogo en línea (OPAC) da Biblioteca

Se queres saber como buscar no catálogo da biblioteca, aquí tes o tutoríal realizado pola Biblioteca Publica de Santiago  e que é extensible ao resto das bibliotecas nodais da  Rede de Bibliotecas de Galicia ( BB.PP. decA Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Rede de Bibliotecas Muncipais de Ferrol).

http://youtu.be/32pM2EwDpN

Tutorial para renovar en línea os mustiáis que teñas en préstamo da Biblioteca

Se queres saber como renovar en línea os mustiáis que teñas en préstamo da Biblioteca aquí tes o tutoríal realizado pola Biblioteca Publica de Santiago  e que é extensible ao resto das bibliotecas nodais da  Rede de Bibliotecas de Galicia ( BB.PP. decA Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Rede de Bibliotecas Muncipais de Ferrol).

luns, 19 de agosto de 2013

Obradoiro "Narración en curtas"

Unha mostra dos resultados do traballos dos nen@s  de 9 a 12 anos no obradoiro de "Narración en curtas":

                 "Historias para rodar" corto baseado no libro de Gianni Rodari "Contos por teléfono".
             

"Confundindo historias"



                                                                 "Tonino o invisible"

venres, 16 de agosto de 2013

Dossier de prensa (agosto, 2013)



Repercusión na prensa escrita do 15 de agosto de 2013, "La Voz de Galicia", "Diario de Pontevdra" e "Faro de Vigo" (ed. Pontevedra  da exposición  "As Festas da Peregrina nos fondos da Biblioteca. 1884-1979", na que se  expón unha selección de programas, pregóns e carteis, desde 1884 a 1979, que poderá verse na Sala de Exposicións da Biblioteca Pública de Pontevedra do 9 ó 31 de agosto de 2013, de 08:00 a 14:30, para contribuír á celebración das Festas da Peregrina.




Un siglo de costumbres festivas : una exposición reúne en la Biblioteca una selección de carteles y programas de la peregrina entre 1884 y 1979 / María Conde
"La Voz de Galicia", 15 se agosto de 2013



Exposición de cartele, programas y pregones de la semana grande
                                   "Faro de Vigo" (ed. Pontevedra)", 15 de agosto de 2013



Todo o que pinta a Peregrina : A Biblioteca Antonio Odriozola expon carteles das festas de 1884 de 1979 / Belén López
                                              "Diario de Pontevedra", 15 de agosto de 2013

Bookcrossing hoxe martes 16 agosto ás 14:00




  • Plantas de interior: 250 trucos / Carlos Herrera
Consellos imprescindibles para conservar as prantas de interior en perfecto estado





  • Las sandalias del pescador / Morris West
En plena guerra fría, Cirilo Lakota, de orixe eslavo, é elixido Papa. Un único tema parece preocupar á Igrexa: a renovación, o constante debate das súas ideas. A posibilidade dunha terrible fame se cerne sobre o pobo ruso, e con ela o perigo de invasión dos países veciños e, quizais, un enfrontamento armado coas potencias occidentais. Nesta obra fascinante -levada ao cinema con Anthony Quinn no papel protagonista-, ademais de contarnos unha historia extraordinaria, Morris West convídanos a reflexionar sobre o sentido da xustiza, tanto a terrea como a divina. As sandalias do pescador é a novela coa que o consagrado autor australiano inicia a triloxía do Vaticano, que continúa cos bufóns de Deus e culmina con Lázaro. Escrita fai máis de trinta anos, converteuse nunha profecía unha década e media máis tarde, coa elección de Karol Wojtyla como Papa co nome de Xoán Pablo II.





  • Ensayos críticos / James Joyce
A maioría deste escritos -cincuenta e seis ensaios, conferencias, reseñas de libros, notas, artigos periodísticos, cartas e composicións poéticas- expresan xuízos sobre cuestións relacionadas co quefacer literario ou coas correntes de pensamento e os grandes problemas da época. O conxunto dos textos ilumina a complexa personalidade do gran novelista irlandés, desentraña determinados aspectos da súa obra e fai explícitas as súas conviccións estéticas e literarias. A variedade dos temas mostra así mesmo o amplo espectro das súas preocupacións e intereses: a pintura relixiosa, as relacións entre o drama e a vida, o teatro de Ibsen, a obra de George Meredith, o budismo, a historia de Irlanda, a educación segundo Aristóteles, a filosofía de Giordano Bruno, o humanismo, Shakespeare, as teorías estéticas, o movemento feniano e os males derivados do dominio inglés sobre Irlanda, Óscar Wilde, Bernard Shaw, William Blake, Ezra Pound, Thomas Hardy, Italo Stevo, etc.






  • El abisinio / Jean-Christophe Rufin
Jean-Baptiste Poncet, un xoven mozo médico pertencente á colonia francesa asentada no Cairo, é elixido para curar ao Negus, mítico soberano abisinio. Poncet, que ignora a trama urdida ás súas costas, parte cara a Abisinia en compañía do seu acólito Juremi, un artista e liberal francés, e o pai Brèvedent, un xesuíta que oculta unha siniestra ambición de poder. Xuntos percorren os desertos e as montañas. Tras cumprir o seu obxetivo, trasládanse a Versalles, pero Poncet chocará co conservadurismo da corte.






  • El primer santo negro / Martín de Porres
San Martín de Porres Velázquez -Lima, 9 de decembro de 1579 / 3 de novembro de 1639- foi un frade peruano da orde dos dominicos. É o primeiro santo negro de América e é patrón universal da paz. Coñecido tamén como "o santo da escoba" por ser representado cunha escoba na man como símbolo da súa humildade.




  • Santa Teresa de Jesús / Jorge García López
Santa Teresa de Jesús -1515 7 1582- elevou o misticismo occidental á súa máxima expresión. O libro da vida é unha das súas obras máis significativas, aínda que levalo a bo termo representou vencer moitas dificultades. Escribir un “discurso da miña vida” a mediados do século XVI era unha tarefa insólita e problemática: a tradición literaria e os usos sociais desaconsellaban, cando non prohibían, falar dun mesmo. No entanto, a verdadeira dificultade foi como formular en palabras a súa experiencia mística.





  • Cosecha roja / Dashiell Hammet

Cosecha Roja desenvolve a violenta historia dun detective privado que se propón limpar de gángsters unha pequena cidade mineira. Nela se compendian xa os elementos característicos da posterior novela negra norteamericana: o desenvolvemento dunha complexa trama argumental nun contexto social contemplado con mirada *c rítica, a denuncia da corrupción da sociedade capitalista, a rigorosa obxectividade descritiva e os diálogos fluídos e incisivos.




  • Viaje al centro de la Tierra / Julio Verne
Viaxe ao centro da Terra -título orixinal en francés: Voyage au centre da Terre- é unha novela de Julio Verne, publicada o 25 de novembro de 1864, a máis imaxinativa e a menos científica das súas obras, que trata da expedición dun profesor de mineraloxía, o seu sobriño e un guía ao interior do planeta Terra.





  • El sastre de Panamá / John Le Carré
Un home sinxelo vese involucrado nun caso de espionaxe que terminará en traxedia. Todo ocorre en Panamá, cando se achega o día en que debe cumprirse o acordo de devolución da Canle ao goberno local. Pendel é o mellor xastre do país. As súas mans miden e cortan os traxes do presidente de Panamá, do xeneral ao mando das tropas norteamericanas na Canle e de toda a xente importante. A súa vida transcorre apaciblemente, ata que nela irrompe un ambicioso e torpe axente británico que o converterá na súa fonte de información privilexiada.



  • El hermano bastardo de Dios / Jose Luis Coll
A Coll tocoulle a mala sorte de que a guerra civil colléselle de neno. Seica a sorte fose peor se lle colle de rapaz, porque lle chamaron a filas e, se cadra, morría. Pero a que tivo non foi das mellores, iso non cabe dubidalo. E, á mantenta disto, quixese dicir algo que pode soar a terrible, pero que non o é, aínda que sexa lamentable: a un neno ao que lle colle unha catástrofe como a guerra civil española á idade á que colleu a Coll, acaba recibindo o catastrófico como cousa natural e cotiá.






  • VII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra: a Natureza
Nesta edición, o Salón tivo como tema central A Natureza. A natureza como paisaxe das emocións poéticas, como escenario no que transcorren as historias dos contos, e tamén como protagonista. Desde o universo da literatura infantil e xuvenil, foi a nosa contribución ao obxectivo de conseguir un mundo máis fermoso, máis san, máis natural.  

martes, 13 de agosto de 2013

As Festas da Peregrina no pinterest da biblioteca de Pontevedra

No pinterest da biblioteca podedes ver algúns dos carteis e programas das Festas da Peregrina 



Obradoiros creativos na Biblioteca

Contos creativos
4 a 7 anos
os martes 9, 16, 23, 30 xullo
11:00 a 12:30

Contos en inglés
4 a 7 anos
os martes 6, 13, 20, 27 agosto
11:00 a 12:30

Narración en curtas
8 a 12 anos
os mércores 10, 17, 24, 31 de xullo
11:00 a 12:30

Papiroflexia
8 a 12 anos
os mércores 7, 14, 21 e 28 agosto
11:00 a 12:30

Información e inscrición na Biblioteca Pontevedra 986 850 833


Sala de consulta

Presentamosvos a Sala de consulta da Biblioteca Pública Antonio Odriozola

Bookcrossing na Biblioteca de Pontevedra

BookCrossing consiste na práctica de deixar libros en lugares públicos para que os recollan outros lectores, que despois deberán o mesmo. A idea é liberar libros "na xungla" para que sexan atopados por outras persoas.
Se alguén decide liberar un novo libro vía BookCrossing, deberá rexistralo para conseguir o código BCID (número de identificación de BookCrossing) que identificará o exemplar concreto na base de datos do sistema. Este número colócase no interior da cuberta, o bien se imprime unha etiqueta para que a persoa que o atopa entre na web de BookCrossing e  escriba un pequeno apunte para dar conta do achado e finalmente que solte de novo cando remate a lectura.
A biblioteca Pública de Pontevedra participa nesta iniciativa e organizou unha "Zona de cruce" na planta baixa, na entrada da biblioteca.


Fondos da Biblioteca de Pontevedra



Ademáis de dispor dos primitivos fondos que proceden da Desamortización, a biblioteca incorporou ao longo da súa historia numerosas adquisicións, estas proveñen de adquisicións diversas, así se constítúe o fondo actualmente:
  • Depósitos da colección da Sociedade Arqueolóxica e Colección Sampedro
  • Libros en homenaxe a Losada Diéguez
  • Biblioteca Muruais (1946), son obras francesas e inglesas sobre literatura e artes, principalmente do siglo XIX
  • Parte da biblioteca das irmáns Mendoza
  • Fondos da biblioteca do profesor Carlos Villar
  • Asemade, entre os seus fondos máis antigos, posúe dez incunables, vinte manuscritos e 1-849 libros raros dos séculos XVI, XVII e XVIII

Servizos da Biblioteca de Pontevedra

  • Péstamo 
  • Préstamo de portatiles
  • Péstamo de e-books
  • Información bibliográfica
  • Internet/WIFI
  • Formación de usuarios; Animación á lectura; Extensión cultural
  • Clubs de lectura: galego, portugués; castelán; inglés; francés
  • Buzón de suxerencias
  • Reprografía
  • Información administrativa

Centro de interese Coñece Galicia

Podedes atopalo no 2º andar na sala préstamo da Biblioteca. 
Consulta o tableiro en pinterest.



Guía
Monografías temática
Audiovisuais ambientados en Galici
Novela ambientada en Galicia





venres, 9 de agosto de 2013

As festas de Pontevedra nos Fondos da Biblioteca. Exposición Bibliográfica.



Agosto trae as Festas da Peregrina, a semana grande de Pontevedra,  na honra da Patroa da cidade, de toda a provincia e do Camiño Portugués a Santiago.

Dende hai anos, durante varios días a cidade é un fervedoiro de xente, e a música e a animación enchen as prazas do centro histórico que se converten no escenario perfecto para concertos e espectáculos diversos: feira taurina, Batallas das Flores, actos relixiosos…

E para contribuír á celebración destas festas a Biblioteca  Pública de Pontevedra expón unha selección de programas, pregóns e carteis,  desde 1884 a 1979, que poderá verse  na Sala de Exposicións da Biblioteca Pública de Pontevedra do 9 ó 31 de agosto de 2013, de 08:00 a 14:30, e que nos permiten coñecer como se celebraron estas festas ao longo dos anos:

DIANAS E ALBORADAS
VOADORES DE FANTASÍA
VÉSPERAS RELIXIOSAS
ILUMINACIÓN Á VENECIANA
GRAN CONCURSO DE VESTIDOS A CATRO PESETAS
CINEMATÓGRAFO PÚBLICO
SEMANA DE AVIACIÓN
REGATAS E CUCAÑAS
GRAN RETRETA
GRAN VERBENA DE MANTÓNS


Fiestas de La Peregrina, 1927 (Programa)



"Fiestas de Pontevedra", 1973 (Cartel)



Fiestas de la peregrina, 1963 (Recorte de prensa. Faro de Vigo, 13 agosto de 1963)

Horario de verán na biblioteca

xullo e agosto- na Biblioteca Pública de Pontevedra



Luns a venres de 8:30 a 14:30
Infantil de 9:00 a 14:30

o mostrador de préstamo pechará 10 minutos antes

Historia da biblioteca

Biblioteca Pública de Pontevedra foi creada en 1848 a partires dos antigos fondos de varios mosteiros. Pasou polos edificios do Instituto Provincial, colexio da Compañía, Palacio Provincial, arquivo de Facenda e o Instituto de Ensinanza Media.

En 1960 trasládase ao Paseo de Colón, compartindo espazo co Arquivo Histórico. En 1988 trasládase en á rúa Alfonso XIII, nº 3, lugar que hoxe ocupa.



Ademais dos primitivos fondos provintes da Desamortización, a biblioteca foi incorporando ao longo da súa historia numerosas adquisicións, provintes de coleccións diversas, conformando o fondo co que conta hoxe.

  • Depósitos da colección da Sociedade Arqueolóxica e Colección Sampedro
  • Libros en homenaxe a Losada Diéguez
  • Biblioteca Muruais (1946), de obras francesas e inglesas sobre literatura e arte, principalmente do século XIX
  • Parte da biblioteca das irmáns Mendoza
  • Fondos da Biblioteca do profesor Carlos Villar
  • Así mesmo, entre os seus fondos antigos, posúe dez incunábeis, vinte manuscritos e 1.849 libros raros dos séculos XVI, XVII e XVIII

Na actualidade dispón de 145.550 títulos, 2.786 publicacións periódicas e revistas, das que 696 son de actualidade e 13.810 materiais especiais.

A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola forma parte da rede de Bibliotecas de Galicia e tamén da rede de Bibliotecas Públicas do Estado, coma unha das 51 bibliotecas que a constitúen. Participa en proxectos colaborativos de catalogación e actualmente colabora no proxecto Pregunte: a biblioteca responde que da respostas a cuestións plantexadas por usuarios a través de Internet.

No ano 2007 a biblioteca foi centro piloto no programa da Consellería de Cultura e Deporte Bibliotecas ilustradas, que pretendía anovar a imaxe das bibliotecas galegas, dentro do cal o ilustrador pontevedrés Kiko Da Silva realizou varios murais na sala do primeiro andar.

Liberamos libros: Bookcrossing

Hoxe venres 8 agosto liberamos os seguintes libros a partir das 12:00 horas no vestíbulo da entrada da biblioteca pública, no stand de Bookcrossing 


Vida perdida / Ernesto Cardenal

Vida perdida é a autobiografía de Ernesto Cardeal. Soado principalmente pola súa obra poética e pola súa actividade política no sandinismo, Cardeal relata aquí outros aspectos non menos reveladores pero si peor coñecidos da súa vida: a súa infancia e adolescencia nunha Nicaragua á vez ridícula e marabillosa, os seus primeiros amores, os seus primeiros poemas, a súa entrada no mundo literario, a súa experiencia na orde trapense con Thomas Merton, entrelazado todo iso coa perspectiva que lle dan os anos de madurez.



Sonata de Primavera. Memorias del Marqués de Bradomín / Ramón del Valle-Inclán


Valle-Inclán creó el personaje de un noble aventurero español de comienzos del siglo XIX, en la tradición de Don Juan, Casanova o el Childe Harold byroniano. En el fondo de su fantasía late la naturaleza española barroca e incendiaria; sutiles e invisibles elementos catárticos del catolicismo y de la tradición recorren a cada instante la narración, representación y figuración del libertinaje, del escepticismo, de la extravagancia y de la voluptuosidad. Los temas románticos de la sangre, de la muerte, de la carne y de la nada, de la perversión sacrílega –recreados con una prosa purísima y de ajustado ritmo- están sostenidos siempre por una secreta piedad, una inmaculada y heroica lealtad y un sentido estilizado de la trascendencia ética.


La muerte del Decano / Gonzalo Torrente Ballester

Pouco despois da guerra civil, nunha cidade universitaria galega o decano da Facultade de Letras morre en circunstancias misteriosas que fan pensar nun posible asasinato, e o principal sospeitoso é un discípulo e colega do profesor. Ao redor desta trama de carácter policiaco e psicolóxico, con espléndidos personaxes secundarios como a esposa do acusado, o xuíz e a policía, o autor tece unha intrigante historia chea de claroscuros na que tan importante como o enigma en si é o complexo perfil humano de cada un dos que interveñen nela.


Filomeno a mi pesar / Gonzalo Torrente Ballester

Filomeno, galego de orixe portuguesa por parte da súa nai, é un personaxe de incerta e complexa personalidade, o cal se reflicte nun nome de pila indeseado e que soa a ridículo e no uso habitual dos seus diferentes apelidos segundo a situación e o país en que se atopa. Tras estudar dereito en Madrid, trasládase a Londres para traballar nun banco, é correspondente dun xornal portugués en París e, despois de residir en Portugal durante a guerra civil española, acaba volvendo á Galicia onde naceu. No curso destas viaxes, Filomeno ten experiencias de todo xénero que o fan madurar e namórase varias veces.

La lengua de Santini / Miloŝ Urban

As igrexas do arquitecto checo Santini aínda hoxe subxugan ao que se atreve a entrar: ou lle cumpren todo o que na súa vida nin sequera atreveuse a desexar ou lle quitan esta vida. A serie de abominables asasinatos que se suceden aquí directamente ante os ollos arrepiados do protagonista pode ter unha base ritual, pero quizá tras eles ocúltese o que non se pode ocultar por moito tempo: a anomalía sentimental chamada amor.


Los amigos lejanos / Otilia Seijas G.

Novela realista que se desenvolve en ambientes reconocibles da Galicia da posguerra, alá polos anos 50, e faio a través de acontecementos verosímiles e descricións claras.
Non hai lugar para os soños, senón para o esforzo por sobrevivir.
Nos amigos afastados ocupan un lugar fundamental as relacións humanas, tan necesarias para a propia autoestima, a evolución e a subsistencia. Xa o soado filósofo grego Aristóteles chamou ao home zoom politikom, pois é un animal social que necesita vivir en comunidade.



xoves, 8 de agosto de 2013

Así eran as festas en Pontevedra no ano 1911



Programa de festas de agosto de 1911, que se celebraron durante os días 12 ao 28.


Día 12
  • Comezaba o día con salvas ás 7.00 da mañá con 21 bombas anunciando o comezo das festas. As bandas de música, cornetas e gaitas recorren a cidade tocando Dianas e Alboradas
  • Ás 12.00 da mañá as campadas dos templos e o disparo de 21 bombas anunciaban a chegada ao santuario da Carroza da Virxe, precedida por unha banda de música seguida de xigantes e cabezudos
  • Pola tarde ás 5 vísperas relixiosas na Peregrina e ás 9.00 da noite verbena con iluminación das prazas da Peregrina e Constitución. Música e gaitas amenizan, e elevaranse fantásticos globos
Día 13
  • Procesións de romeros e función relixiosa
  • Concerto a cargo da Banda Municipal 
  • Corrida de toros cos diestros Manolete e Chiquito de Begoña coas correspondentes cuadrillas
  • Procesión da Virxe
  • Bailes ás 11.00 da noite nas sociedades "Liceo Casino", "Gimnasio" e "Recreo de Artesanos" 
Día 14
  • Concerto na Alameda ás 12.00
  • "Iluminación a la Veneciana" ás 9 da noite na Av. Montero Rios
Día 15
  • Pola mañá feira de ganados
  • Concurso nacional de cantos e bailes rexionais na praza de toros ás 16.00
  • Comeza a verbena de San Roque con bombas reais ás 21.00 horas
Día 16
  • Función relixiosa e procesión de San Roque
  • Bailes nas sociedades de Recreo

Día 17
  • Cucañas e concursos grotescos
  • Gran iluminación

Día 18
  • Matinée pola banda municipal
  • Festa infantil
  • Concurso de xigantes e cabezudos
  • Banda de música e exhibición de "Cinematógrafo público"

Día 19
  • Campeonato de Foot-ball para disputar Copa de SM o rei
  • Xogos florales presididos polo alcalde de Madrid D. José Francos Rodríguez

Día 20
  • Concierto da banda municipal na Alameda
  • Corrida de Toros da ganadería Exco. Sr. Duque de Veragua por los diestros Machaquito y Chiquito de Begoña
  • Bailes nas Sociedades de Recreo
Día 21
  • Certamen de orfeones na Praza de Toros
  • Gran Iluminación eléctrica  e concurso de pirotécnia

Día 22
  • Concierto do gran violinista M. Quiroga

Día 23
  • Verbena de San Bartolomé iluminación á veneciana. Queima variada de fogo de artificio e "elevación de caprichosos e grotescos globos"

Día 24
  • Función relixiosa en San Bartolomé
  • Carreiras ciclistas e velada na Alameda

Día 26
  • Coso blanco
  • SEMANA DA AVIACIÓN: o célebre aviador GARNIER realizará diferentes voos os días 20, 23 e 26 no Campo da Xunqueira utilizando un excelente monoplan BLERIOT, motor "Gnome" de 7 cilindros e 70 cabalos
  • Fantástica iluminación, música, gaitas, fogos artificiales valencianos

Día 27
  • Bandas de música e cornetas ás 7.00 da mañá
  • Dianas e procesión cívica ata o Concello donde se descubrirá o Monumento aos Héroes da Ponte Sampaio
  • Concurso de bandas civiles e militares na praza de Toros
  • "Gran retreta" na que figurarán lucida comparserís a pé e a cabalo, artísticas carrozas e 6 bandas de música

Día 18
  • Disparo de bombas ás 8.00 da mañá para anunciar o comezo da "Romería Gallega" a Monte Porreiro, a excursión poderá facerse por carreteira ou polo río Lérez








mércores, 7 de agosto de 2013

Pontevedra en festas. Semana grande. Festas da Peregina 2013

PROGRAMA DAS FESTAS DA PEREGRINA 2013


Sábado 10 de agosto de 2013

12:00 Horas:  Lectura do pregón a cargo da actriz Andrea Bayer desde a balconada do Pazo de Mugartegui e foguete de inicio das festas
12:30 Horas: Pasarrúas, con: Algueirada, Os Alegres de Mourente, Os Trazantes de Tenorio, Recordos da Nosa Terra, Os de Algures, Duos Pontes e Celme.
12:45 Horas: Traslado da carroza procesional para a ofrenda floral desde a praza de Mugartegui ata o santuario da Virxe Peregrina.
13:00 Horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
13:15 Horas: Actuacións nas prazas do centro histórico:  Algueirada, Os Alegres de Mourente, Os Trazantes de Tenorio, Recordos da Nosa Terra, Os de Algures e Celme.
14:00 Horas: Entrega dos premios Amigos de Pontevedra
18:00 Horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
22:30 Horas: Concerto de Mago de Oz + Qué desilusión! > Praza de España ¡Maís Info!
22:45 Horas: Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: Avenida Dance e Nuevo Ritmo
24:00 Horas: Fogos de artificio no peirao das Corvaceiras

Domingo 11 de agosto de 2013

12:00 Horas: Misa de pontifical no santuario da Virxe Peregrina
13:00 Horas: Actuación nas prazas da cidade do grupo Andaina
13:30 Horas: Pasarrúas. Charanga Apeles
18:00 Horas: Pasarrúas. Charanga Apeles
21:00 Horas: Procesión da Virxe Peregrina e danza gremial de cintas, século XVIII. Praza da Peregrina
22:30 Horas: Concerto La Guardia e La Frontera > Praza de España
24:00 Horas: Verbena na Gran Vía de Montero Ríos:  Orquestras Saudade 73 e D´Color

Lúns 12 de agosto de 2013

12:00 Horas: Pasarrúas. Charanga Apeles
13:00 Horas: Actuación de Andaina. Prazas e rúas 18 h > Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
19:30 Horas: Barafunda Animación > Teatro Infantil > Preséntame un pallaso > Teucro
21:00 Horas: Concerto man a man > Bandas de Música de Pontevedra e Salcedo > Ferraría
22:30 Horas: Concerto > Festa 40 Principales “Word Dance Music-Hot Mix” > Praza de España
24:00 Horas: Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: Orquestra Canela de Vigo

Martes 13 de agosto de 2013

11:30 Horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
13:00 Horas: Actuación do grupo Os de Mourente nas prazas e rúas da cidade
19:00 Horas: Batalla de Flores > Loureiro Crespo, Cobián Areal, Uxío Novoneyra e Eduardo Pondal
21:00 Horas: Teatro Arume > A farsa de Bululú > Teatro Principal
21:00 Horas: Festival Infantil Brincabolechas > Praza de España
22:30 Horas: Concerto Banda de Música de Pontevedra > Noite de boleros > Ferraría
22:45 Horas: Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: Orquestra Alcotán

Mércores 14 de Agosto

12:00 Horas: Actuación do grupo Dolmen nas prazas e rúas da cidade
13:00 Horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
18:00 Horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
19:30 Horas: Pedro Volta > Abraiante > Teucro
21:00 Horas: Festival de Corais > Polifónica de Pontecesures, Bella Helenes, Polifónica de Soutomaior, Alameda, Coral de Poio e Voces Amigas de Mourente > Ferraría
22:30 Horas: Concerto Banda de Música de Pontevedra > Son de Seu + Fiadeiro > Praza de España
22:45 Horas: Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: Orquestras Alabama Show e Xoldra

Xoves 15 de agosto de 2013

11:00 Horas: Partidas simultáneas de xadrez > Escola de Xadrez Pontevedra > Av. Sta. María
11:30 Horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
12:00 Horas: Actuación dos grupos Chouteira e Algures nas prazas e rúas da cidade
12:30 Horas: Misa solemne e procesión de Sta. María
13:30 Horas: Concerto da Banda de Música de Salcedo > Av. Sta. María
17:30 Horas: Xogos e tradicións populares > Av. Sta. María
18:00 Horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
19:30 Horas: Teatro Infantil > Ghazafelhos > Contos para escagarriñarse > Teucro
21:00 Horas: Festival de corais: Polifónica de Barro, Airiños de Campañó, Polifónica Xuntanza de Meis e O Chopo > Ferraría
22:30 Horas: Concerto de Berrogüeto > Praza de España ¡Maís Info!
22:45 Horas: Verbena na Gran V ía de Montero Ríos: orquestra Embajadores
23:00 Horas: Verbena de San Roque: Orquestra Bahía > Praza do Gremio de Mareantes
24:00 Horas: Espectáculo pirotécnico > Peirao das Corvaceiras

Venres 16 de Agosto de 2013

12:15 Horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
13:00 Horas: Actuación do grupo Os Alegres nas prazas e rúas da cidade
18:00 Horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
19:00 Horas: Concerto S. Roque > BM Pontevedra > Pr. Irmáns Pazó
19:00 Horas: Exhibición de Taekwondo > Na Peregrina
19:30 Horas: Teatro infantil > Barafunda Animación > Xan das Ondas > Teucro
20:00 Horas: Misa Solemne na Basílica de Sta. María > Procesión de S. Roque > Av. Sta. María, Ferreiros, Alfonso XIII, Colón, Capela S. Roque Madamitas
21:00 Horas: Concerto Vocal Tempo > Praza da Ferraría
22:30 Horas: Concerto de Malú > Praza de España ¡Maís Info!
24:00 Horas: Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestras Cosmos e De Luxe

Sábado 17 de agosto de 2013

12:00 Horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
13:00 Horas: Pasarrúas do grupo Xoldra
18:00 Horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
19:30 Horas: Magín Blanco > Teatro Infantil > A nena e o grilo nun barquiño > Teucro
21:00 Horas: Concerto Quempallou + Trébede > Ferraría
22:00 Horas: Cantos de Tabernas > Maravallada + Orfeón do Berbés > Tabernas de V. García Escudero, A Leña, rúa Real e Princesa
22:30 Horas: Concerto de Auryn > Praza de España ¡Maís Info!
22:45 Horas: Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: Orquestras Salsa Costas e Anagrama

Domingo 18 de agosto de 2013

12:15 Horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles e Os de Mourente
18:00 Horas: Pasarrúas a cargo da charanga Apeles
19:30 Horas: Teatro infantil > Quinteto Pentafonía + Seis Dedos > Hansel e Gretel > Teucro
21:00 Horas: Exhibición de Bailes de Salón > Club de Baile Pasos Galicia > Ferraría
21:15 Horas: Cantos de Tabernas > Os Sin Son e Os Sajariteiros > Tabernas do centro histórico (przs. Valentín G. Escudero, Isabel II, Peregrina, Verdura e Leña)
22:30 Horas: Concerto de Paloma San Basilio > Praza de España ¡Maís info!
22:45 Horas: Verbena na Gran Vía de Montero Ríos > orquestras Costa Blanca e Quinta Avenida
24:00 Horas: Fogos de artificio no peirao das Corvaceiras

http:// www.pontevedra.eu

Obradoiro de "Papiroflexia"

Mércores7 de agosto traballamos con "Siete ratones ciegos" de Ed Young no noso obradoiro de "Papiroflexia".






Mércores 14 de agosto de 2013 (2ª sesión)

Imos crear e decorar postais, felicitacións de aniversario e tarxetas despregables, que ao abrilas liberan figuras tridimensionái. Os nenos e nenas empregarán as técnicas do origami e kirigami (implica o cortado de papel para a creación das tarxetas 3D) para realizar esta actividade.










Mércores 21 de agosto de 2013 (3ª sesión)

Imos crear figuras de papel para a dramatización de contos. Os nenos e nenas divididos en dous grupos interpretarán/dramatizarán dúas versións diferentes do mesmo conto: “A ratiña fachendosa”, empregando como guiñol as figuras de papel creadas previamente (cada grupo representará unha versión diferente do conto).



Mércores 27 de agosto de 2013 (4ª sesión)

Imos construir un móvil de origami: incluiremos as figuras clásicas de papel, o barquiño tradicional, e a paxariña tradicional, entre outras…



<Exposicións dos traballos elaborados polos nenos e nenas ao longo do obradoiro.

Obradoiro "Papiroflexia"

Papiroflexia
8 a 11 anos 
Mércores, 7, 14, 21 e 28 de agosto
De 11:00 a 12:30




Se queres ver os traballos  relizados polos  nenos e nenas participantes no obradoiro de papiroflexia deste verán pasate pola Sala de exposicións da Biblioteca Pública de Pontevedrs do 3 ao 7 de setembro de 9:00 a 21:00 h. e elmsábado de 10:00 a 14:00 h. e podras gozar deles.

martes, 6 de agosto de 2013

"O dragón Dragán e as naves espaciáis"

Vídeo do conto escrito e ilustrado polo nen@s de 4 a7 anos participantes no obradoiro de verán "Contos creativos" realizado na Biblioteca Pública de Pontevedra o pasado mes de xullo.

"O dragón Dragán e as naves espaciáis"

Obradoiro "Contos en Inglés"


No obradoiro imos traballar coa obra de Eric Carle ( Siracusa, Nova York - 25 de xuño de 1929 ) é un autor e ilustrador de máis de setenta libros infantís. É coñecido sobre todo por "A oruguita glotona", un volume desplegable e tradeado que converte o libro en xoguete e dá forma autónoma á trama narrativa. Carle posúe unha técnica moi reconocible, que podería definirse como «collage impresionista», coas figuras case sempre recortadas sobre fondo branco.



Se queres coñecer a obra de Eric Carle en ínguas accede á seguinte ligazón:

                                                                    List of Eric's Books

Martes 6 de agosto "Contos en inglés"
 Hoxe traballamos con:
The Very Hungry Caterpillar
  Eric Carles






Martes 13 de agosto "Contos en inglés"
Hoxe traballamos con: 


From Head to Toe
                                                                                    Eric Carle 

Martes 20 de agosto "Contos en Ingles"
Hoxe traballamos con:


                                                     Brown Bear, What Do You See
                                                                                     Eric Carle


Martes 27 de agosto "Contos en Inglés"
Última sesión

¡¡Gracias a todos!!

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...