venres, 9 de agosto de 2013

Historia da biblioteca

Biblioteca Pública de Pontevedra foi creada en 1848 a partires dos antigos fondos de varios mosteiros. Pasou polos edificios do Instituto Provincial, colexio da Compañía, Palacio Provincial, arquivo de Facenda e o Instituto de Ensinanza Media.

En 1960 trasládase ao Paseo de Colón, compartindo espazo co Arquivo Histórico. En 1988 trasládase en á rúa Alfonso XIII, nº 3, lugar que hoxe ocupa.



Ademais dos primitivos fondos provintes da Desamortización, a biblioteca foi incorporando ao longo da súa historia numerosas adquisicións, provintes de coleccións diversas, conformando o fondo co que conta hoxe.

  • Depósitos da colección da Sociedade Arqueolóxica e Colección Sampedro
  • Libros en homenaxe a Losada Diéguez
  • Biblioteca Muruais (1946), de obras francesas e inglesas sobre literatura e arte, principalmente do século XIX
  • Parte da biblioteca das irmáns Mendoza
  • Fondos da Biblioteca do profesor Carlos Villar
  • Así mesmo, entre os seus fondos antigos, posúe dez incunábeis, vinte manuscritos e 1.849 libros raros dos séculos XVI, XVII e XVIII

Na actualidade dispón de 145.550 títulos, 2.786 publicacións periódicas e revistas, das que 696 son de actualidade e 13.810 materiais especiais.

A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola forma parte da rede de Bibliotecas de Galicia e tamén da rede de Bibliotecas Públicas do Estado, coma unha das 51 bibliotecas que a constitúen. Participa en proxectos colaborativos de catalogación e actualmente colabora no proxecto Pregunte: a biblioteca responde que da respostas a cuestións plantexadas por usuarios a través de Internet.

No ano 2007 a biblioteca foi centro piloto no programa da Consellería de Cultura e Deporte Bibliotecas ilustradas, que pretendía anovar a imaxe das bibliotecas galegas, dentro do cal o ilustrador pontevedrés Kiko Da Silva realizou varios murais na sala do primeiro andar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...