venres, 9 de agosto de 2013

As festas de Pontevedra nos Fondos da Biblioteca. Exposición Bibliográfica.



Agosto trae as Festas da Peregrina, a semana grande de Pontevedra,  na honra da Patroa da cidade, de toda a provincia e do Camiño Portugués a Santiago.

Dende hai anos, durante varios días a cidade é un fervedoiro de xente, e a música e a animación enchen as prazas do centro histórico que se converten no escenario perfecto para concertos e espectáculos diversos: feira taurina, Batallas das Flores, actos relixiosos…

E para contribuír á celebración destas festas a Biblioteca  Pública de Pontevedra expón unha selección de programas, pregóns e carteis,  desde 1884 a 1979, que poderá verse  na Sala de Exposicións da Biblioteca Pública de Pontevedra do 9 ó 31 de agosto de 2013, de 08:00 a 14:30, e que nos permiten coñecer como se celebraron estas festas ao longo dos anos:

DIANAS E ALBORADAS
VOADORES DE FANTASÍA
VÉSPERAS RELIXIOSAS
ILUMINACIÓN Á VENECIANA
GRAN CONCURSO DE VESTIDOS A CATRO PESETAS
CINEMATÓGRAFO PÚBLICO
SEMANA DE AVIACIÓN
REGATAS E CUCAÑAS
GRAN RETRETA
GRAN VERBENA DE MANTÓNS


Fiestas de La Peregrina, 1927 (Programa)



"Fiestas de Pontevedra", 1973 (Cartel)



Fiestas de la peregrina, 1963 (Recorte de prensa. Faro de Vigo, 13 agosto de 1963)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...