mércores, 21 de agosto de 2013

Obradoiro de animación a lectura. Xoves 29 de agosto de 11:00 a 12:00 h. na Biblioteca Pública de Pontevedra

A Cruz Vermella Xuventude durante o ano 2007 e 2008 traballou na creación do libro quitamedos  baixo o tìtulo “A Marca do cempés” e a partires do 2009 puxemos en marcha esta intervención en colexios de primaria e bibliotecas. Este libro pretende ser un recurso de axuda  para a comprensión da enfermedad e a hospitalización co fin de minimizar os temores á propia enfermidade. 





Desenvolvemento
A intervención consta de dúas horas cheas de actividades relacionadas  coa lectura da historia "A Marca do cempés".

Resumo da historia
O libro conta a historia dun neno chamado Breixo, doente de apendicite e como ingresa no hospital para operarse. 

Trala anestesia o neno ten un soño que pretende ser unha metáfora da intervención cirúrxica. O nexo de unión entre o soño e a realidade será a marca do cempés (cicatriz da operación e protagonista da historia). No soño, uns cempés escollen a Breixo, por ser o posuidor da marca do cempés, para atopar un tapón que ensombrece o seu mundo. O obxectivo é reflectir os sentimentos negativos que unha enfermidade pode ocasionar debido ao malestar ou ao propio medo á enfermidade. Para iso, Breixo terá que armarse de esperanza, valentía e compromiso para dar co tapón; habilidades que tamén precisará para afrontar calquera doenza.

O soño remata cando atopan o tapón e conseguen liberar o seu mundo, que coincide co momento no que esperta da anestesia. Novamente preténdese mostrar habilidades como a valentía e o compromiso como recursos positivos para afrontar a enfermidade, xa que, a pesares do cansanzo e esgotamento da intervención, ou do sono, Brei non perde a esperanza e a ledicia con novas ilusións, como nun contexto hospitalario, poden ser ver o sorriso da súa familia ou as actividades que pode desenvolver institucións como neste caso Cruz Vermella Xuventude.

Destinatarios
Nenos e nenas de 6 a 10 anos

Materiais         
Para o desenvolvemento da actividade cada alumno e alumna contará cun exemplar do libro quitamedos “A Marca do Cempés” elaborado  polo mesmo programa.

Impartido por 
Voluntarias e voluntarios de Cruz Vermella Xuventude, formadas no programa.

Inscripcións na Biblioteca Pública de Pontevedra
r/Alfonso XIII, 3
Pontevedra
Tlfn.986 850 838

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...