Amosando publicacións coa etiqueta astronomía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta astronomía. Amosar todas as publicacións

martes, 31 de outubro de 2017

Programación de actividades para o mes de novembro

O mes de novembro é o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, por iso temos unha programación algo especial e acorde co tema:



  • "Unha biblioteca con moito espazo" Centro de interese. 
    Selección de libros infantís sobre o espazo.

    Data: mes de novembro
    Lugar: Sala infantil



  • "Mulleres con ciencia" Mostra bibliográfica. 
    Selección de libros infantís sobre o espazo.

    Data: mes de novembro
    Lugar: Sala de exposicións.




  • 2 de novembro, xoves: "A arte como ferramenta científica". Obradoiro.

    Público destinatario: Nen@sde 9 a a12 anos. No caso de quedar plazas vacantes poderán asistir outros interesados que s epresenten o día da actividade.
    Lugar: Sala de obradoiros 

    Hora: 2 sesións: 1ª sesión de 18.00 a 18.50; 2ª sesión de 19.00 a 19.50 h.

    Esta iniciativa está liderada pola Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia co apoio do Instituto de Estudos Galegos "Padre Saramiento" e a colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Economía, Industria y Competitividad".
    UCC CSIC Galicia IEGPS CSIC Divulga F E C Y T · Ciencia e Innovación ·

     



  • 3 de novembro, venres:  Sesión de contos + obradoiro de debuxo: “Coñecendo a vía láctea con Antonia Ferrín”, a cargo de Polo Correo do Vento

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo




  • 10 de novembro, venres:  Sesión de contos “Contos con moita ciencia”,  a cargo de Raquel Queizás

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros

Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo




  • 17 de novembro, venres: Sesión de contos: “Cuentíficos”, a cargo de Expresión Contacontos (Manuel Solla)


Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo



  •  24 de novembro, sábado: Obradoiro de ciencia “A óptica nas ciencias”, a cargo de IMASV (Especial mes da Ciencia)

Sinopse: Obradoiro no que se acercará aos nen@s a óptica dende o punto de vista científico.
Público destinatario: Nen@s de 6 a 12 anos (20 prazas)
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: De 18:00 a 20:00
Con inscripción previa, a partir do 13 de novembro, luns, na entrada da Biblioteca (Información) e por teféfono (886 15 92 50), en horario de 9 a 20:30.
Entrada de balde

venres, 13 de xuño de 2014

Obradoiros de verán 2014. Biblioteca Pública de Pontevera

Obradoiros de verán impartidos por Anias. Inscrición previa ata ocupar as prazas, en información da biblioteca a partir do 16 de xuño, en horario de 9 a 14h. Máis información no tfno. 986 850 838.


Obradoiro de creatividade teatral (contos dramatizados) Para nenos e nenas de 4 a 7 anos. Os martes 8, 15, 22 e 29 de xullo das 11:00 h ás 12:30 h.

Neste obradoiro os nenos e as nenas, a través da improvisación e o xogo dramático, terán a oportunidade de recrear aos personaxes dos seus contos favoritos e ser os verdadeiros protagonistas dunha historia inventada por eles mesmos a través da súa imaxinación e fantasía.

Obradoiro de contos en inglés Para nenos e nenas de 4 a 7 anos. martes 5, 12, 19 e 26 de agosto das 11:00 h ás 12:30 h.

Un obradoiro interactivo para motivar ao ne no/a a falar en inglés dunha maneira sinxela, amena e divertida a través da audición oral de contos, imaxes, cancións e pequenas manualidades que lle axuden a familiarizarse e reforzar o vocabulario.

Obradoiro de expresión e improvisación teatral. Para nenos e nenas de 8 a 12 anos. Os xoves 10, 17, 24 e 31 das 11:00 h. ás 12:30 h.

Traballaremos a expresión e a improvisación teatral como unha ferramenta de xogo, alimentando deste xeito a creatividade e a imaxinación dos nenos e nenas, facendo fincapé no traballo de voz e corpo como xeito de expresión.
Nesta actividade non so garantimos entretemento, descubriremos tamén o teatro coma xogo. Crear todo aquilo que sexan capaces de imaxinar e levalo a escena dentro dun contexto de traballo en equipo.

Obradoiro de introducción á astronomía. Para nenos e nenas de 8 a 12 anos. Os xoves 7, 14, 21 e 28 de agosto das 11:00 h. ás 12:30 h.

Ensinar Astronomía pode parecer fóra do alcance dos nenos e das nenas, non obstante, os elementos máis básicos desta, como o día e a noite, o sol, as estrelas e a lúa, son parte da súa experiencia diaria. Cremos que é interesante mostrarlles a marabilla do Universo na que estamos inmersos e observar os fenómenos naturais do mesmo xeito que os nosos antepasados os coñeceron e gozaron.

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...