Amosando publicacións coa etiqueta inglés. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta inglés. Amosar todas as publicacións

mércores, 9 de setembro de 2015

CLUBS DE LECTURA 2015-2016




Como todos os anos, a Biblioteca pública pon en marcha os “Clubs de Lectura” que darán comezo o mes de outubro de 2015 e rematarán no mes de xuño do 2016.

Poden formar parte destes clubs todas aquelas persoas, maiores de idade, que queiran compartir a súa experiencia lectora en inglés, galego, castelán ou portugués. Con esta actividade queremos seguir promovendo o uso da Biblioteca e fomentando o hábito lector.

Se non e usuario terá que solicitar o carné.

- CLUB DE LECTURA EN GALEGO: MARTES alternos, de 18:00 a 19:00 h. (20 prazas), a partir do 6 de outubro. Coordinadora: Patricia Saavedra.
- CLUB DE LECTURA EN PORTUGUÉS: LUNS alternos, de 18:00 a 19:00 h. (15 prazas) a partir do 5 de outubro. Coordinadora: Marta Isabela Mora Bogado.
- CLUB DE LECTURA EN INGLÉS: MARTES alternos, de 19:45 a 20:45 h. (20 prazas) a partir do 6 de outubro. Coordinador: Víctor Machín.
- CLUB DE LECTURA EN CASTELÁN: Todos os MÉRCORES, de 17:00 a 18:00 h. (20 prazas), a partir do 7 de outubro. Coordinador: Santiago Eizaguirre.

RESERVAS: 10 por cada club.

PRAZO DE INSCRICIÓN:  Do 14 de setembro  ao 25 de setembro (salvo que queden prazas sen cubrir).

FORMAS DE INSCRICION:

  • Na Biblioteca de 9:00 h. a 21:00 h.  
  • Por teléfono de 9:00 h. a 14:00 h. 
  • Por correo electrónico no seguinte enderezo:

biblio.publica.pontevedra@xunta.es, poñendo no asunto o nome do club ao que quere anotarse. No correo incluír tamén os seguintes datos: Nome e apelidos, teléfono de contacto e nº de lector se xa é usuario da biblioteca.

A Biblioteca confirmaralle a súa inscrición pola mesma vía pola que se inscribiu (salvo se é presencial que se avisaría por teléfono ou correo eléctrónico).

A inscrición é gratuíta.

*O criterio para a selección de asistentes nos Clubs de Lectura será por orde de chegada (día/hora).

*Só se aceptarán as solicitudes entregadas a partir da data de apertura do prazo. Non se admitirá ningunha solicitude enviada antes das 9:00 h. do día 14 de setembro, data de inicio das inscricións.

*Pódese inscribir cada usuario nun só club de lectura a excepción de que queden prazas sen cubrir. 

venres, 13 de xuño de 2014

Obradoiros de verán 2014. Biblioteca Pública de Pontevera

Obradoiros de verán impartidos por Anias. Inscrición previa ata ocupar as prazas, en información da biblioteca a partir do 16 de xuño, en horario de 9 a 14h. Máis información no tfno. 986 850 838.


Obradoiro de creatividade teatral (contos dramatizados) Para nenos e nenas de 4 a 7 anos. Os martes 8, 15, 22 e 29 de xullo das 11:00 h ás 12:30 h.

Neste obradoiro os nenos e as nenas, a través da improvisación e o xogo dramático, terán a oportunidade de recrear aos personaxes dos seus contos favoritos e ser os verdadeiros protagonistas dunha historia inventada por eles mesmos a través da súa imaxinación e fantasía.

Obradoiro de contos en inglés Para nenos e nenas de 4 a 7 anos. martes 5, 12, 19 e 26 de agosto das 11:00 h ás 12:30 h.

Un obradoiro interactivo para motivar ao ne no/a a falar en inglés dunha maneira sinxela, amena e divertida a través da audición oral de contos, imaxes, cancións e pequenas manualidades que lle axuden a familiarizarse e reforzar o vocabulario.

Obradoiro de expresión e improvisación teatral. Para nenos e nenas de 8 a 12 anos. Os xoves 10, 17, 24 e 31 das 11:00 h. ás 12:30 h.

Traballaremos a expresión e a improvisación teatral como unha ferramenta de xogo, alimentando deste xeito a creatividade e a imaxinación dos nenos e nenas, facendo fincapé no traballo de voz e corpo como xeito de expresión.
Nesta actividade non so garantimos entretemento, descubriremos tamén o teatro coma xogo. Crear todo aquilo que sexan capaces de imaxinar e levalo a escena dentro dun contexto de traballo en equipo.

Obradoiro de introducción á astronomía. Para nenos e nenas de 8 a 12 anos. Os xoves 7, 14, 21 e 28 de agosto das 11:00 h. ás 12:30 h.

Ensinar Astronomía pode parecer fóra do alcance dos nenos e das nenas, non obstante, os elementos máis básicos desta, como o día e a noite, o sol, as estrelas e a lúa, son parte da súa experiencia diaria. Cremos que é interesante mostrarlles a marabilla do Universo na que estamos inmersos e observar os fenómenos naturais do mesmo xeito que os nosos antepasados os coñeceron e gozaron.

luns, 20 de xaneiro de 2014

Descubre o tesoro dos Contos. 2º e 4º sábado dos meses de febreiro,marzo e abril. Obradoiro de animación a lectura

Apetéceche que che conten un conto?



Neste mapa poderás atopar os contos da terras dos sentimentos, os contos da terra do rio e do movemento, colinas escondidas da poesía, ou, incluso os  contos  das leiras e  montaña das matemáticas e maila arte... que agardan agochados na vosa biblioteca, atrévete a descubrilos e xuntos completaremolo mapa dos contos, deses que nunca che contaron...

Se tés entre 6 a 9 anos,embarcate con nós, comezamos no mes de febreiro ata o més de abril  o 2º e  4º sábados de cada mes: 8 e 22 de febreiro, 8 e 22 de marzo e 12 e 26 de abril.

Con inscripción previa, a partir do mércores 22 de xaneiro na 3ª planta da Biblioteca Pública de Pontevedra de 9 a 14 h., no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es ou no teléfono 986 85 08 38 ou (20 prazas)


martes, 13 de agosto de 2013

Obradoiros creativos na Biblioteca

Contos creativos
4 a 7 anos
os martes 9, 16, 23, 30 xullo
11:00 a 12:30

Contos en inglés
4 a 7 anos
os martes 6, 13, 20, 27 agosto
11:00 a 12:30

Narración en curtas
8 a 12 anos
os mércores 10, 17, 24, 31 de xullo
11:00 a 12:30

Papiroflexia
8 a 12 anos
os mércores 7, 14, 21 e 28 agosto
11:00 a 12:30

Información e inscrición na Biblioteca Pontevedra 986 850 833


martes, 6 de agosto de 2013

Obradoiro "Contos en Inglés"


No obradoiro imos traballar coa obra de Eric Carle ( Siracusa, Nova York - 25 de xuño de 1929 ) é un autor e ilustrador de máis de setenta libros infantís. É coñecido sobre todo por "A oruguita glotona", un volume desplegable e tradeado que converte o libro en xoguete e dá forma autónoma á trama narrativa. Carle posúe unha técnica moi reconocible, que podería definirse como «collage impresionista», coas figuras case sempre recortadas sobre fondo branco.



Se queres coñecer a obra de Eric Carle en ínguas accede á seguinte ligazón:

                                                                    List of Eric's Books

Martes 6 de agosto "Contos en inglés"
 Hoxe traballamos con:
The Very Hungry Caterpillar
  Eric Carles






Martes 13 de agosto "Contos en inglés"
Hoxe traballamos con: 


From Head to Toe
                                                                                    Eric Carle 

Martes 20 de agosto "Contos en Ingles"
Hoxe traballamos con:


                                                     Brown Bear, What Do You See
                                                                                     Eric Carle


Martes 27 de agosto "Contos en Inglés"
Última sesión

¡¡Gracias a todos!!

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...