Como todos os anos, a Biblioteca
pública pon en marcha os “Clubs de Lectura” que darán comezo o mes de outubro
de 2015 e rematarán no mes de xuño do 2016.
Poden formar parte destes clubs todas aquelas persoas, maiores de idade, que
queiran compartir a súa experiencia lectora en inglés, galego, castelán ou
portugués. Con esta actividade queremos seguir promovendo o uso da Biblioteca e
fomentando o hábito lector.
Se non e usuario terá que solicitar o carné.
- CLUB
DE LECTURA EN GALEGO: MARTES alternos, de 18:00 a 19:00 h. (20 prazas), a
partir do 6 de outubro. Coordinadora: Patricia Saavedra.
-
CLUB DE LECTURA EN PORTUGUÉS: LUNS alternos, de 18:00 a 19:00 h. (15 prazas) a
partir do 5 de outubro. Coordinadora: Marta Isabela Mora Bogado.
-
CLUB DE LECTURA EN INGLÉS: MARTES alternos, de 19:45 a 20:45 h. (20 prazas) a
partir do 6 de outubro. Coordinador: Víctor Machín.
-
CLUB DE LECTURA EN CASTELÁN: Todos os MÉRCORES, de 17:00 a 18:00 h. (20
prazas), a partir do 7 de outubro. Coordinador: Santiago Eizaguirre.
RESERVAS: 10 por cada club.
PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 14 de setembro ao 25 de setembro (salvo que queden prazas
sen cubrir).
FORMAS DE INSCRICION:
- Na Biblioteca de 9:00 h. a 21:00 h.
- Por teléfono de 9:00 h. a 14:00 h.
- Por correo electrónico no seguinte enderezo:
biblio.publica.pontevedra@xunta.es, poñendo no asunto o nome do club ao que quere
anotarse. No correo incluír tamén os seguintes datos: Nome e apelidos, teléfono
de contacto e nº de lector se xa é usuario da biblioteca.
A Biblioteca confirmaralle a súa inscrición pola mesma vía pola que se
inscribiu (salvo se é presencial que se avisaría por teléfono ou correo
eléctrónico).
A inscrición é gratuíta.
*O criterio para a selección de asistentes nos Clubs de Lectura será por
orde de chegada (día/hora).
*Só se aceptarán as solicitudes entregadas
a partir da data de apertura do prazo. Non se admitirá ningunha solicitude
enviada antes das 9:00 h. do día 14 de setembro, data de inicio das
inscricións.
*Pódese inscribir cada usuario nun só club de lectura a excepción de que
queden prazas sen cubrir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario