Amosando publicacións coa etiqueta Luis amado Carballo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Luis amado Carballo. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de abril de 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Luis Amado Carballo, 1982









Naceu en Pontevedra o de 2 de maio de 1901 no seo dunha familia ilustrada e conservadora. Estudou bacharelato no Instituto de Pontevedra, despois Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, para acabar regresando a súa cidade natal, onde estudou Maxisterio.

Amado Carballo exerceu como mestre de escola e como xornalista, e para desenvolver esta última labor mudouse a Madrid en 1920, onde entrou en contacto co mundo literario e bohemio. Estando na capital, colaborou en diversos xornais e revistas.

No ano 1922 volveu a Pontevedra e xunto a Xoán Vidal Martínez, fundou a revista Alborada e continuou colaborando noutras publicacións como La Concordia, A Nosa Terra, El Pueblo Gallego...

En 1924 asinou o seu primeiro poemario, Proel, aínda que non sería publicado ata 1927.

Enfermo de tuberculose, pasou o verán de 1926 en Soutelo de Montes, foi alí onde escribiría a maioría dos poemas da súa obra póstuma O Galo (1928).

O 3 de setembro de 1927 e por mor da enfermidade, falece en Pontevedra.

Luís Amado Carballo é considerado o pai do Hilozoísmo, que é un movemento poético propio da vangarda galega e inspirado na poesía popular. Ademais, e aínda que é lembrado fundamentalmente como prosista, tamén publicou narrativa, como as novelas Maliaxe (1922), Os Probes de Deus (1925), ou o conto Un milagre do santo San Francisco
 

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...