Naceu
en Pontevedra o de 2 de maio de 1901 no seo dunha familia ilustrada e
conservadora. Estudou bacharelato no Instituto de Pontevedra,
despois Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, para acabar
regresando a súa cidade natal, onde estudou Maxisterio.
Amado
Carballo exerceu como mestre de escola e como xornalista, e para
desenvolver esta última labor mudouse a Madrid en 1920, onde entrou
en contacto co mundo literario e bohemio. Estando
na capital, colaborou
en diversos xornais e revistas.
No
ano 1922 volveu a Pontevedra e xunto a Xoán Vidal Martínez, fundou
a revista Alborada
e continuou colaborando noutras publicacións como La
Concordia, A Nosa Terra, El Pueblo Gallego...
En
1924
asinou
o seu primeiro poemario, Proel,
aínda
que non sería publicado ata 1927.
Enfermo
de tuberculose, pasou o verán de 1926 en Soutelo de Montes, foi alí
onde escribiría a maioría dos poemas da súa obra póstuma O
Galo (1928).
O
3 de setembro de 1927 e por mor da enfermidade, falece en Pontevedra.
Luís
Amado Carballo é considerado o pai do Hilozoísmo, que é un
movemento poético propio da vangarda galega e inspirado na poesía
popular. Ademais, e aínda que é lembrado fundamentalmente como
prosista, tamén publicou narrativa, como as novelas Maliaxe
(1922),
Os Probes de
Deus (1925),
ou o conto Un
milagre do santo San Francisco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario