Antón
Losada Diéguez naceu en Boborás o 22 de decembro de 1884, foi
ensaísta e un dos membros máis importantes da Xeración
Nós.
Pertencía a unha familia fidalga con unha profunda ideoloxía
tradicionalista e católica. Os
seus primeiros estudos realizounos nos Xesuítas na Guarda e
posteriormente licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade
de Deusto.
En
1904 trasladouse a Madrid para facer o doutoramento, foi nesta época
cando deu comezo a súa vocación literaria e a implicación
política. A partir de 1907
visita con frecuencia Galicia e participa no movemento agrario,
colaborando na fundación de sindicatos agrarios.
Aprobou
a oposición á
cátedra de Psicoloxía, Lóxica, Ética e Rudimentos de Dereito, e
fíxose cunha praza en Ourense, onde
rapidamente se afixo ao
ambiente cultural da cidade.
En
1917
ingresou
nas
Irmandades da Fala e
desempeñou un papel relevante na conformación da ideoloxía
nacionalista na Galiza. Presidiu
a I Asemblea Nacionalista en Lugo en 1918 e, dous anos máis tarde,
encontraríase entre os fundadores da revista Nós.
Desde
1924 foi
tamén
membro
do Seminario de Estudos Galegos.
En
1919 trasladouse a Pontevedra, cidade na que viviría o resto da súa
vida e na que faleceu en 1929. Neste
mesmo ano a revista Nós
dedicoulle o número 71.
Publicou
varios contos nas revistas
Nós
e
Alborada:
Home
viaxeiro,
Queixumes,
Conto sinxelo e
Amañecer. Mais
tamén pezas teatrais como A
Domeadora,
poemas e un breve escrito filosófico.
Pero
o groso da súa obra son ensaios
que serían compilados en 1985 baixo o título de
Obra completa.
Defensor
da entidade nacional do país galego, esixirá a súa soberanía
política como afirmación imprescindíbel perante un Estado
centralista e explotador.
No
ano 1985 dedicáronlle o Día
das Letras Galegas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario