Xesús
Ignacio Ferro Couselo naceu
no ano 1906 en Valga.
Estudou
no seminario
compostelán en 1918 e
en 1926 comezou a estudar Filosofía e Letras e colaborou no
Seminario de Estudos Galegos. Dende cedo estivo moi interesado na
historia, e máis en concreto en prehistoria. Isto fixo que deixase
de lado a súa carreira eclesiástica.
En
1931 trasladouse a Vigo para traballar como profesor nun colexio
xesuíta. En seguida comezou a colaborar coa revista Logos
e
participou na fundación do Partido Galeguista en Pontevedra,
chegando a ser elixido presidente das Mocidades Galeguistas.
Tras
a expulsión dos xesuítas trasladouse
ao instituto de Tui como profesor interino
onde
crea a revista Tude.
Pouco
despois instalouse en Madrid para preparar as oposicións, e estivo
alí durante parte da Guerra Civil. Colaborou coa CNT e Patrimonio
Cruz Vermella, e formou parte das Milicias Populares Galegas da
Frente Popular.
Unha
vez rematada a Guerra instalouse en Ourense onde traballou como
funcionario do Corpo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos.
Nesta etapa traballou activamente na recuperación da historia da
cidade e da provincia: colaborou na creación do Arquivo Histórico
Provincial, na instalación do Museo Arqueolóxico e o Arquivo
provincial no Antigo palacio Episcopal, foi director do museo
Arqueolóxico
Provincial, fixo numerosos traballos sobre prehistoria e arqueoloxía
de Ourense, participou
en escavacións arqueolóxicas, iniciou
a publicación do Boletín
del Museo Arqueológico Provincial de Orense (1943-1953)
e do Boletín
Auriense
(1972-1981)...
No
ano 1950 participou na fundación da revista Galaxia como vogal do
Consello de Administración e
na revista
Posío. Arte y Letras.
No
ano seguinte ingresou na Real Academia Galega a proposta de Ramón
María Aller, Otero Pedrayo e Paulino Pedret Casado. Xa en 1963
formou parte do consello de redacción da revista Grial e
foi un dos impulsores da creación do Día das Letras Galegas.
Ademais
participou activamente na vida política coa reorganización do
Partido Galeguista.
A
súa obra está composta por artigos de revistas e xornais, en galego
e en castelán, e unha obra editada nun volume titulada A
vida e a fala dos devanceiros
que
publicou
en Galaxia.
Ferro
Couselo faleceu Ourense
en 1975 aínda
que foi enterrado en Valga.
No
ano 1996 dedicóuselle o
Día das Letras Galegas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario