domingo, 14 de abril de 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Antonio López Ferreiro, 1978




Antonio López Ferreiro naceu en 1837 en Santiago de Compostela, cidade onde pasou a maior parte da súa vida e á que adicou os seus estudos e escritos. Pola súa encomiable labor foi homenaxeado en 1978 no Día das Letras Galegas.

Sacerdote, cóengo, arqueólogo e historiador, estudou Teoloxía, Filosofía e Letras e Dereito en Madrid. Tras unha breve estancia en Vedra como párroco, foi nomeado cóengo da Catedral de Santiago, o que lle permitiu ter acceso aos documentos e arquivos da igrexa compostelá e desenvolver a súa faceta de historiador e arqueólogo.

Durante a súa vida realizou múltiples traballos, investigacións e descubrimentos que son dignos de ter en conta para a historia e a cultura galega, pero cadra un dos feitos a destacar é a novidade de escribir novela histórica en galego. Súas son as obras A tecedeira de Bonaval (1894), O Castelo de Pambre (1895) e O niño de Pombas (1905), as tres centradas na historia xacobea.

Pero o recoñecemento para esta figura non debe limitarse soamente á súa labor como novelista, pois gracias á súa labor como arqueólogo xunto co tamén cóengo José Labín Cabello redescubriu as reliquias do apóstolo Santiago en 1879, feito que suporía o renacer da peregrinación á cidade xacobea tralo recoñecemento papal dos restos achados.

Na súa faceta de historiador, López Ferreiro non se dedicou soamente a investigar e ler documentos, se non que o seu facer meticuloso e paciente levouno e escribir sobre feitos históricos relacionados coa cidade santiaguesa e coa igrexa xacobea; investigacións que, en certas ocasións, leváronno a contradicir algunhas afirmacións previas feitas por outros eclesiásticos -como é o caso de Eugenio Montero Ríos- e a gañarse unha certa fama de persoa polémica.

Deste gran traballo de investigación da cidade compostelá, a igrexa xacobea, da propia catedral e incluso sobre a figura de Prisciliano sairán as obras Historia de la Santa Apostólica y Metropolitana Iglesia de Santiago de Compostela (publicada entre 1898 e 1909), El Sepulcro del apóstol Santiago (1872), Estudio histórico crítico sobre el Priscilianismo (1878) ou El Pórtico de la Gloria (1886), entre outras.

Durante a súa vida, López Ferreiro foi académico da Real Academia de Historia (dende 1871), membro da Academia de las Buenas Letras de Barcelona e da Asociación Artístico-Arqueológica Barcelonesa, membro fundador e académico numerario da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega (1905) e catedrático no Seminario de Compostela ata a súa morte en Vedra no ano 1910.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...