Marcial
Valladares Núñez naceu en Vilancosta-Berres (A Estrada) en 1821.
Nado
dentro dunha familia con inquietudes intelectuais, o traballo do pai
o levará a estudar o bacharelato entre Santiago de Compostela e
Ourense, cidade onde conseguirá obter a titulación de Licenciado en
Xurisprudencia en 1842. Seguidamente voltará a Santiago para seguir
formándose profesionalmente e en 1844 trasladarase a Zamora para
traballar, aínda que non vai tardar en volver a Galicia, onde será
nomeado Diputado Porvincial por Taiberós (Pontevedra) en 1852.
Durante
a súa vida na provincia de Pontevedra destacará polas súas labores
políticas e será nomeado “Membro Correspondiente” da Real
Academia Española en 1880.
En
1866 finalmente decidirá deixar o traballo e a súa actividade
política para retornar xunto coa súa familia a Vilancosta, lugar
onde se dedicará ao xornalismo e á literatura ata a súa morte en
1903.
Como
home culto e ben formado, consagrou gran parte da súa vida como
intelectual á lexicografía galega. Entre 1850 ata 1884 traballará
no seu “Diccionario Galego-Castelán”, obra que sufrirá varias
modificacións en 1896 e 1902 e que recolle tanto vocablos galegos
como cantigas e textos da literatura popular.
Igualmente
escribirá “Cantigueiro popular” en 1867 e “Apéndice ó
cantigueiro popular” en 1879, aínda que ambas obras non serán
publicadas no seu conxunto ata o ano 2004 na obra “Marcial
Valladares Núñez: Cantigueiro popular”, de Xosé Luna Sanmartín.
Na
súa faceta como poeta -faceta pola cal é considerado como un
precursor da poesía galega-, a súa primeira obra coñecida é a de
“A un paxariño”, escrita en 1844, aínda que a súa obra máis
coñecida é a de “Soidades” (1894), título ao que lle seguirían
posteriormente “A fonte do Pico Sacro” ou “A castañeira en
Santiago”.
Pero
será gracias á súa novela “Maxina ou a filla espúrea” polo
que destacará como figura da cultura galega, pois esta obra é
considerada como a primeira novela da lingua galega. Aínda que
escrita en 1870 e previamente publicada na revista “La ilustración
gallega y asturiana”, non será ata o ano 1880 cando se publique
por primeira vez de forma íntegra.
Grazas
á súa obra literaria e filolóxica, Marcial Valladares Núñez
obterá o seu recoñecemento pola súa labor no “Días das Letras
Galegas” en 1970, e no 2003 o Concello de A Estrada se lle dedicará
o ano á súa figura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario