martes, 3 de xaneiro de 2017

11 de xaneiro, Día do Usuario/a das Bibliotecas


  • Visita guiada pola biblioteca ás 11:00 h e as 18:30 h
  • Incremento do número de obras que se poden levar en préstamo durante o Día do Usuario para todos os lectores  que se acheguen á Biblioteca Pública de Pontevedra a celebrar esta conmemoración. O número de obras en préstamo será o mesmo que a dos Socios de Honra.
  • Nomeamento de tres superlectores adultos e catro superlectores infantís as 18:00 h


- Socio de Honra Adultoata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola) e 6 publicacións periódicas prestables.

Socio de Honra Infantil: ata 20 exemplares para escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola) e 6 publicacións periódicas prestables.

A condición de Socio de Honra terá unha duración dun ano, ata o vindeiro Día do Usuario o 11 de xaneiro de 2018.

Serán os nosos Socios de Honra para o ano 2017  os 4 usuarios infantís e 3 adultos con máis préstamos no 2016.

Nomeamento de Socios de Honra: O mércores 11 de xaneiro as 18:00 farase entrega aos Socios de Honra dun diploma e un lote de libros.

O superlector conservará o mesmo carné físico que xa posúe, e non precisa cambialo. Se durante o ano o superlector infantil cumprise a idade de cambio para lector adulto, cambiarase o seu tipo de carné a socio de honra adulto ata finalizar o ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...