martes, 31 de agosto de 2021

Obradorio de iniciación ao teatro para adultos




Mañá comeza o prazo de inscrición para o obradorio de iniciación ao teatro para adultos, a cargo de Manuel Solla.


Os días 8, 9 e 10 de setembro de 18.00 a 20.00 h.


Inscricións a partir do día 1 de setembro no formulario da páxina web da biblioteca.



luns, 30 de agosto de 2021

Creación de Ecopersonaxes de conto

 



O vindeiro 7 de setembro, de 17.30 a 19.30 h. terá lugar este  obradoiro a cargo de Anias para público infantil, de 6 a 9 anos.

Os participantes escoitarán un conto máxico sobre ecoloxía e coidado do medio ambiente, no que os seres fantásticos que o protagonizan darán a coñecer a importancia do coidado do entorno natural e dos seus habitantes. Despois do conto crearán ilustracións de seres fantásticos utilizando elementos naturais de forma sostíbel.


Con inscrición previa a partir do 31 de agosto ás 11.00 h. a través do formulario da páxina web da biblioteca


Uso obrigatorio de máscara



 

mércores, 25 de agosto de 2021

A Alquimista



O 3 de setembro ás 18:00 h.

A Alquimista é unha peza de teatro e música onde se reivindica por unha banda o papel da muller na ciencia e pola outra, o uso do galego no terreo científico.

Para público familiar a partir de 6 anos

Con inscrición previa a partir do 25 de agosto ás 11 h. a través do formulario da páxina web da biblioteca. No dito formulario, a persoa que se inscribe pode indicar o número de convivintes que van acudir (ata 5 máximo).


luns, 2 de agosto de 2021

Camiñando a Compostela




"Camiñando a Compostela" é unha pequena mostra bibliográfica, con libros propios, sobre os camiños de Santiago, que estará na planta baixa da Biblioteca dende o 1 de agosto ata o 15 de setembro.




Os libros e películas que a compoñen poden levarse prestados.





Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...