Amosando publicacións coa etiqueta dia das letras galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dia das letras galegas. Amosar todas as publicacións

xoves, 1 de febreiro de 2018

Pasaporte de lectura das Letras Galegas 2018


Do 1 de febreiro ata o 16 de maio.



Que é o “Pasaporte de lectura das Letras Galegas 2018”?
É unha actividade dirixida ós usuarios xuvenís e adultos da Biblioteca que ten por obxecto o fomento da lectura en galego.

Que teño que facer?
Ler catro libros en lingua galega das seccións de novela, poesía, teatro, xuvenil ou cómic. Por cada libro que se lea, o persoal da Biblioteca porá un selo nun pasaporte.

Canto dura a actividade?
Dende o 1 de febreiro ata o 15 de maio poderánse levar os libros en préstamo.

Que fago cando complete o "Pasaporte"?
Unha vez completado o pasaporte cos selos correspondentes, depositaranse na caixa situada no mostrador de préstamo na segunda planta da biblioteca. Posteriormente, o día 16 de maio ás 12:00 farase un sorteo público entre os pasaportes recibidos. Non será necesario estar presente para recibir o premio, a Biblioteca contactará cos usuarios gañadores.

Cantos pasaportes podo completar?
Non hai número limitado de pasaportes, pódense ler cantos libros se queiran.

Ler ten premio?
Si, entre os participantes na actividade sortearanse 3 lotes de libros.




venres, 12 de maio de 2017

ACTIVIDADES “LETRAS GALEGAS 2017”


DÍA
ACTIVIDADE
CONTIDO
DESTINATARIOS
Do 17 de febreiro ao 16 de maio

18:00 h.
Pasaporte de lectura das Letras Galegas”




Organízase un centro de interese-xincana de lectura. Este ano leva por título: “Literatura galega escrita por mulleres”.
Os usuarios teñen que ir completando os pasaportes cos seus selos correspondentes que se depositarán nunha furna no mostrador da sala de préstamo.
Posteriormente fa un sorteo público entre os pasaportes recibidos e se sortearán tres lotes de libros.
Adultos
19 de maio, venres


18,00 h.
Pasaporte de lectura das Letras Galegas”






Sorteo público entre os participantes na actividade “Pasaporte de lectura”, celebrado entre o 17 de febreiro e o 16 de maio na Biblioteca Pública de Pontevedra con motivo do Día das Letras Galegas 2017. Entrega dos tres lotes de libros aos afortunados.



Adultos

Do 8 ao 31 de maio




Centro de interese “Deixa que agrome” na sala infantil








Selección de libros de Carlos Casares e de literatura en lingua galega de autores galegos
Infantil
12 de maio, venres

18,00 h.
Contaconto “Contos na mesiña de noite”
Sesión de contos para nen@s a partir de 3 anos, a cargo de Bea Campos (Migallas).
Sala infantil
Nen@s a partir de 3 anos
19 de maio, venres

18,00 h.
Contaconto “Os xoguetes de Clío”: unha homenaxe a Carlos Casares
Sesión de contos + obradoiro de debuxo para nen@s a partir de 3 anos, a cargo e Polo Correo do Vento.
Sala de obradoiros
Nen@s a partir de 3 anos




Do 15 ao 31de maio
Mostra bibliográfica e centro de interese “Día das Letras Galegas 2017” sobre Carlos Casares
Mostra bibliográfica sobre a vida e obra de Carlos Casares, así como todos os traballos que sobre o autor albergan os fondos da Biblioteca Pública de Pontevedra
Adultos

sábado, 1 de febreiro de 2014

PASAPORTE DE LECTURA DAS LETRAS GALEGAS. Do 1 defebriero ata o 15 demaio

Ü 
¿Qué e o “Pasaporte de lectura das Letras Galegas 2014”?
É unha actividade dirixida ós usuarios adultos da Biblioteca que ten por obxeto o fomento da lectura en galego.

¿Que teño que facer?
Ler catro libros do centro de interese “Letras Galegas 2014”, que contén unha selección de obras de ou sobre autores homenaxeados nas diferentes edicións do día das letras galegas.

¿Canto dura actividade?
Dende o 1 de febreiro ata o 15 de maio. 












¿Que fago cando complete o "pasaporte"? 
Unha vez completado o pasaporte cos selos correspondentesdepositaránse na furna situadano mostrador de préstamo na segunda planta da biblioteca. Posteriormente, o día 16 de maioás 12:00 farase un sorteo público entre os pasaportes recibidos. 

¿Cantos pasaportes podo completar? 
Nohai número limitado de pasaportes.

¿Ler ten premio? 
Sí, entre os participantes na actividade sortearanse 3 lotes de libros. 


Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...