luns, 28 de maio de 2018

Actividades infantís para xuño

Chimpo de ra

Contacontos parar bebés de ata 3 anos a cargo de Raquel Queizás.




 



Venres 1 de xuño ás 18.00 h. Na sala de obradoiros.
25 bebés (+ un adulto por bebé). Entrada de balde.

Con inscripción previa e recollida de invitacións.
Inscripcións a partir do martes 29 de maio das 9.00 h. ás 20.30 h., por teléfono no 886 15 92 50 ou na entrada da biblioteca (información). 




Obradoiro:
Stop-motion: modelaxe en plastilina


 



Para nenas e nenos de 8 a 12 anos.

Venres 8 de xuño de 18.00 a 19.30 e sábado 9 de xuño de 11.00 a 12.30 h.

Con inscripción previa a partir do martes 29 de maio na entrada da biblioteca ou no tf 886 15 92 50 en horario de 9.00 a 20.30 h.

15 prazas. Entrada de balde.



 

mércores, 9 de maio de 2018

María Victoria Moreno: Mostra bibliográfica.

 
Do 2 ao 31 de maio de 2018 na sala de exposicións da Biblioteca Pública de Pontevedra.
Mostra bibliográfica elaborada co gallo das Letras Galegas.


En 2018 adícanselle o Día das Letras Galegas a María Victoria Moreno. É a cuarta muller homenaxeada nos 56 anos que se veñen celebrando as Letras Galegas, as outras tres foron Rosalía de Castro en 1963, Francisca Herrero Garrido en 1987 e María Mariño no ano 2007.















martes, 1 de maio de 2018

Actividades maio infantil Mes das Letras



  • 4 de maio, venres: Sesión de contos: “Que risa tía Luisa!: Contos, cantos e festa para celebrar as letras galegas”,a cargo de Bea Campos (Migallas)

    Especial Letras Galegas

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo


  • 11 de maio, venres: Sesión de contos + obradoiro de debuxo: Mª Victoria Moreno, unha historia de amor”, a cargo de Polo Correo do Vento
    Especial Letras Galegas
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos

Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo



  • 18 de maio, venres: Obradoiro das Letras Galegas “Improvisación musical: Eu canto, ti contas”, a cargo Anias
    Especial Letras Galegas
Sinopse: Obradoiro no que partindo de fragmentos da obra de Mª Victoria Moreno, os participantes crearán por grupos cancións en diferentes estilos musicais, que, posteriormente, serán postas en común.
Público destinatario: Nen@s de 8 a 12 anos (20 prazas)
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: De 18:00 a 19:30
Con inscripción previa, a partir do 7 de maio na entrada da Biblioteca (Información) ou por teléfono (886 15 92 50), en horario de 9 a 20:30.
Entrada de balde


  • 25 de maio maio, venres: Sesión de contos Ruta propia, a cargo de Raquel Queizás
Especial Letras Galegas

Sinopse: Sesión de narración oral con obxectos e monicreques na que coñeceremos á homenaxeada nas Letras Galegas 2018, Mª Victoria Moreno.
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo



Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...