mércores, 27 de outubro de 2021

Bibliotecas para todas as persoas

 

Bibliotecas para todas as persoas é unha mostra da Biblioteca Pública de Pontevedra, feita co gallo do Día das Bibliotecas que se celebrou o 24 de outubro, que pretende visibilizar iniciativas bibliotecarias pouco coñecidas.



Biblioteca Humana

A Biblioteca humana está deseñada para xerar ambientes positivos onde se poda conversar co obxectivo de romper estereotipos e prexuízos . É un lugar onde persoas reais se ofrecen como libros en préstamo aos lectores para contar as súas experiencias vitais. Calquera persoa pode ser un libro porque calquera de nós ten algo que contar a quen esté disposto a escoitar.

Esta iniciativa nace na cidade de Copenhague no 2000, da man dun grupo de mozos preocupados pola violencia na sociedade. O lema deste movemento é:

Non xulgues un libro pola súa cuberta”, que sería o mesmo que dicir non xulgues ás persoas polo seu aspecto.


As persoas hospitalizadas deben poden acceder á lectura independentemente da súa situación. As bibliotecas para pacientes teñen como obxectivos fundamentais: entreter ás persoas ingresadas e favorecer a súa recuperación.


O carriño das letras


O carriño das letras é un recurso do programa Saúde e Lectura da Rede de Bibliotecas para Pacientes, que funciona como biblioteca móbil, ofrecendo lecturas a pacientes encamados e aos seus familiares. Ademais serve para dar a coñecer todas as actividades que realiza a biblioteca.



Bibliotecas de prisións

A finais do século XIX abriron as primeiras escolas e bibliotecas nas cárceres de España. A estrutura actual das bibliotecas penitenciarias en España desenvolveuse na década dos 70 e a lei española esixe que tódalas institucións correccionais teñan unha biblioteca.

O dereito á información e á aprendizaxe é un dereito universal e aberto a toda a cidadanía, polo que as persoas privadas de liberdade teñen o mesmo dereito. A biblioteca de prisións convértese nunha parte importante de todo o ambiente carcerario no seu apoio aos programas educacionais, recreativos e de rehabilitación.


    Lecturas abertas, portas pechadas: Trátase dun proxecto de colaboración entre a Biblioteca Provincial de Córdoba e o Centro Penitenciario de Córdoba.



As bibliotecas móbiles teñen como obxectivo levar a información e o coñecemento ata os lugares máis recónditos.

Os servizos bibliotecarios móbiles son necesarios porque eliminan barreiras xeográficas, sociais e económicas; fomentan a lectura en zonas rurais e desfavorecidas; favorecen a aprendizaxe; axudan a loitar contra a desinformación,...

Algúns exemplos de bibliotecas móbiles son: os bibliobuses, camións, lanchas, biblioburros ou biblioelefantes...



Feliz día das bibliotecas!

martes, 26 de outubro de 2021

Obradorio de robótica creativa

 



Se tes entre 8 e 14 anos, o vindeiro venres 5 de novembro de 18.00 a 19.30 h. poderás disfrutar dun obradoiro de robótica creativa.

 

As inscricións terán lugar no formulario da páxina web a partir do mércores 27 de outubro ás 11.00 h.





venres, 22 de outubro de 2021

Volvemos ao noso horario de sempre!

 




 

 

A partir deste martes 26 de outubro a Biblioteca estará aberta no seu horario de sempre:

 

De luns a venres de 9.00 a 21.00  h.

Sábados de 10.00 a 14.00 h.


 

sábado, 16 de outubro de 2021

Cóntanos que les




Con motivo do día do lector e da lectora que se celebra o 3 de novembro faremos unha selección cos libros que nos recomendedes as lectoras e os lectores da @bppontevedra

Agardamos as vosas suxerencias!


mércores, 13 de outubro de 2021

Contos para celebrar o Día da Biblioteca




O venres 22 ás 18.00 h. 


Con inscrición previa a partir de hoxe 13 de outubro ás 11.00 h. a través do formulario da páxina web de biblioteca. Cada persoa que inscribe pode indicar o número de persoas da unidade de convivencia que van acudir, ata un máximo de 5.


Para público familiar a partir de 6 anos.


#bibliotecapúblicadepontevedra #actividades #díadabiblioteca 

martes, 5 de outubro de 2021

Cinema de historias da man de Alice Guy


Especial Día das escritoras


O venres 15 de outubro ás 18.00 h. gozaremos vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura.


Para público familiar, a partir de 6 anos no salón de actos da Biblioteca.


Con inscrición previa a partir do 6 de outubro ás 11.00 h. a través do formulario web da biblioteca. No dito formulario, a persoa que inscribe pode indicar o número de convivintes que van acudir (ata máximo 5).


 

luns, 4 de outubro de 2021

Novo horario de apertura ao público



A partir de hoxe, luns 4 de outubro, o horario de apertura ao público da biblioteca será:


— Luns a venres de 9.00 a 14.00 h e de 15.00 a 21.00 h.

— Sábados de 10.00 a 14.00 h.



Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...