venres, 28 de febreiro de 2020

Obradoiro de Poesía impartido por Carmen Conde






Obradoiro de poesía

De 13 a 130 anos




Venres 13 de marzo de 17.00 a 20.00 h. na sala de obradoiros da Biblioteca

Con inscrición previa, a partir do mércores 5 de marzo na entrada da biblioteca (Información) ou por teléfono (886 159 250), en horario de 9.00 a 20.30 h.


Entrada de balde





O obradoiro está aberto a adolescentes e adultos que sintan inquedanzas pola escrita poética e teñan interese en se iniciar.

Divídese en dous bloques: un primeiro no que se fala de referentes en poesía e un segundo no que se salta ao marabilloso mundo da creación e da busca da voz propia.


 


 




martes, 25 de febreiro de 2020

Actividades infantís de marzo




Deamos a volta a un conto

Sesión de contos a cargo de Raquel Queizás


Venres 6 de marzo ás 18.00 h. na sala de obradoiros
 
Para crianzas a partir de 3 anos

Entrada de balde ata completar a capacidade da sala






A granxa da pita Agapita

Sesión de contos e debuxo a cargo de Polo Correo do Vento

 Venres 27 de marzo ás 18.00 h. na sala de obradoiros 
 
Para público infantil a partir de 3 anos
 
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala






luns, 24 de febreiro de 2020






Lembramos que o próximo mércores 26 de febreiro é festivo local en Pontevedra e a Biblioteca permanecerá pechada.



xoves, 13 de febreiro de 2020

XV Premio Novela Europea-Camiño de Santiago



Este ano desde a Biblioteca pública de Pontevedra colaboramos co XV Premio Novela Europea-Camiño de Santiago.

As obras finalistas son: "Un lume azul" de Pedro Feijoo (Editorial Galaxia), "14 de julio" de Éric Vuillard (Tusquets Editores), "Lluvia fina" de Luis Landero (Planeta de Libros), "Conquistar el cielo" de  Paolo Giordano (Ediciones Salamandra) e "El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes" de Tatiana Tibuleac (Impedimenta).

E tes no segundo andar un centro de interese cos libros para que poidas levalos en préstamo. Para a elección do gañador abrirase un proceso de votación, do que daremos conta proximamente...



Os gañadores en edicións pasadas foron:

I edición:  "Expiación" de Ian McEwan
II edición:  "A Mennulara" de Simonetta Agnelo Hornby
III edición: "Juntos, nada más" de Anna Gavalda
IV edición: "Nunca me abandones" de Kazuo Ishiguro
V edición: "Da beleza" de Zadie Smith
VI edición: "A rolda nocturna" de Sarah Waters
VII edición: " Caos calmo" de Sandro Veronesi
VIII edición: "La extraña desaparición de Esme Lennox" de Maggie O`Farrell
IX edición: "A cea" de Herman Koch
X edicción: "De vidas ajenas" de Emmanuel Carrère
XI edición: "El insólito peregrinaje de Harold Fry" de Rachel Joyce
XII edición: "Capital" de John Lanchester
XIII edición: "Expo 58" de Jonathan Coe
XIV edición: "Tierra de campos" de David Trueba












Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...