xoves, 26 de setembro de 2013

Programación actividades octubro 2013


Do 24 de setembro ao 22 de outubro:   

Mostra bibliográfica: “Volta ao cole”,  na sala infantil

4 de outubro, venres

Obradoiro creativo de “Manga”, a cargo de David Prieto Seijo “GoChi”





Sinopse: Obradoiro de iniciación ao Manga (Banda Deseñada Xaponesa) para mozos@mozas  a partir de 12 anos, organizado pola Asociación Galega especializada en Banda Deseñada “Cerditos de Guinea Cómics”

Hora: De 18:00 a 20:00
Lugar: Sala de obradoiros
Público destinatario: Mozos@Mozas a partir de 12 anos
Con inscripción previa, a partir do 23 de setembro no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es, no teléfono 986 85 08 38 ou na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h. (20 prazas)

Contacontos: “Vinchuca Cuca, do libro ¿Qué me pasa Ntumba”, a cargo de voluntarios de Médicos sin Fronteras



Sinopse: Historias sobre enfermidades esquecidas

Lugar: Sala infantil
Público destinatario: Nenos@nenas a partir de 3 anos
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo

11 de outubro, venrer

Contacontos: “Babacontos”, a cargo de Larraitz





Sinopse: Cando a Babamá sintas susurrar abre as orellas e deixate levar!!!. En petos e potas ten fabas máxicas para encantar, inventa contos para espertar, contos para xantar, contos…para non durmir, contos para cantar.

Lugar: Sala infantil
Público destinatario: Nenos@nenas a partir de 3 anos
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo



18 de outubro, venres

Espectáculo: “O gran Ke-Tumba Ke-Tamba” , a cargo de Títeres Cascanueces




Sinopse: Ésta é a historia dun neno indio chamado Ke-Tumba Ke-Tamba (o único pacifista dos indios Tarambainas) que ten que axudar a súa tribu n a loita contra os animais feroces do bosque.  

Lugar: Salón de actos
Público destinatario: Nenos@nenas a partir de 3 anos
Hora: 18:30
Entrad de balde, ata completar aforo 



25 de outubro, venres: Celebración do Día da Biblioteca (24 de outubro)

 Contacontos: “Os Contos favoritos de Lonxedetodo”, a cargo de Trinketrinke Teatro





Sinopse: Historias sobre as aventuras dos ratos da biblioteca, que proceden dun lugar chamado Lonxedetodo, onde os libros e a lectura ocupan un lugar sobranceiro na vida da comunidades

Esta sesión de contacontos ven acompañada dunha exposción bibliográfica (Do 24 de outubro ao 30 de Novembro) na sala infantil que contén:
-      Contos para nenos de 5 a 8 anos, os contos preferidos dos ratos de Lonxedetodo
-      Contos relacionados co mundo das bibliotecas e a lectura  

Celebraremos deste xeito, o Día da Biblioteca, 24 de outubro.

Lugar: Sala infantil
Público destinatario: Nenos@nenas a partir de 3 anos
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo


26 de outubro, Sábado. Presentación do libro




    PAN DE MILLO / Migallas Teatri, Dani Padrón, Paulo Nogueira, Carlos Yus. Kalandraka, 2013


Sinopse: Migallas Teatro anima a cantar e bailar a toda a familia neste libro-disco ilustrado, con colaboracións de pretixiosos músicos gallegos. Temas cotiás e ritmos diversos para practicar o xogo e a expresión dramática, recuperar a memoria dos maiores e potenciar o galego. 

Lugar: Salón de Actos
Público destinatario: público familiar
Hora: 12:00





Clubs de lectura Castelán, Galego, Inglés e Portugués


                                                                   Clubs de Lectura


Centro interés adultos
Exposición no hall de entrada Celebración día de la Biblioteca (24 de octubre)
Clubs de lectura Castelán, Galego, Inglés e Portugués
Visitas a la Biblitoeca, previa concertación de cita.

martes, 24 de setembro de 2013

BookCroosing. Mércores 25 de setembro as 11:00 horas.



Mércores 25 de setembro liberamos os seguintes libros a partir das 11:00 horas no vestíbulo da entrada da biblioteca pública, no stand de BookCrossing.



¿Sabes que é o BookCroosing?  É un club de libros global que atravesa o tempo e o espazo. É un grupo de lectura que non coñece límites xeográficos. ¿Gústanche os libros gratis? Que tal os clubs de libros gratis? Bo, os libros que liberamos todos os que practicamos o BookCroosing   son gratis... pero é o acto de liberar libros o que chega ao corazón de BookCrossing. Intercambiar libros nunca foi máis excitante que con BookCrossing. A nosa meta, simplemente, é converter o mundo enteiro nunha biblioteca. BookCrossing é un intercambio de libros de proporcións infinitas, o primeiro e único da súa clase.
 

  • El segundo Libro de la Selva / Ruyard Kipling
O éxito del libro de la selva, moveu a Rudyard Kipling a escribir un ano despois "El Segundo Libro de la Selva", afortunadamente unha continuación, máis que unha segunda parte, do primeiro libro. A unha sociedade natural que conseguiu a harmonía e, con ela, a verdadeira liberdade grazas ao sometemento a un estrito código moral e de conduta, a Lei da Selva, volve Mowgli, o cachorro humano adoptado e educado por lobos. Mowgli non é unha criatura salvaxe, e menos aínda un mozo convencional. O heroe destes relatos simboliza o difícil pero necesario equilibrio entre os homes e o medio en que estes, aínda que o esquezan, afunden o que fai posible a súa existencia.



  •  En nombre de la Infanta Carlota / Javier A. Múñoz. Literatura Infantil

Ano 1810. Fume e destrución. As tropas de Napoleón bombardean as murallas de Cádiz. Os gaditanos resisten o asedio ao límite das súas forzas. A Infanta Carlota, unha adolescente arrogante, goberna a cidade ata que é traizoada e entregada aos franceses. Na súa desgracia coñecerá a Canelilla, unha nena xitana que soña con ser princesa. Juntas, percorrerán acantilados, goletas e bosques máxicos, poboados por bandoleiros, piratas, xitanos, espías e desertores... ata rematar enfrontándose ao exército máis poderoso de Europa.


  • Ha llegado la hora de montar tu empresa / Alejandro Suárez Sánchez-Ocaña. Noegocio e inversións

Escrito nun estilo ameno e desenfadado, afastado de tecnicismos e sen perder de vista en ningún momento a crua realidade do mercado e a falta crónica de axudas aos emprendedores no noso país. Chegou a hora de montar a túa empresa é unha excelente ferramenta para sentar as bases dunha futura empresa ou ben para consolidar a xa existente. Da man de Alejandro Suárez Sánchez-Ocaña, un de nosos máis destacados emprendedores e investidores, aprenderás todas as claves da creación de empresas e obterás toda a información necesaria para levar a bo porto a túa idea de negocio, incluíndo recomendacións e consellos que só pode darche, coa súa equilibrada porción de éxitos e de fracasos, quen transitou en múltiples ocasións polo angosto camiño da emprendiduría. Nas páxinas deste libro, o seu autor ofrécenos todos os coñecementos que nos serán imprescindibles sobre os tipos de empresa que poden crearse, os trámites administrativos requiridos, a elaboración do plan de empresa ou a busca de financiamento, ao tempo que nos dá a súa opinión sobre cuestións capitais á hora de montar unha empresa: só ou con socios? a miña idea de negocio é viable? debería deixar aconsellarme por un consultor? teño espírito emprendedor? que acontece se fracaso? Preguntas que un adoita formularse antes de dar o paso definitivo, pero que ninguén se atreve a contestar. En definitiva, unha obra imprescindible destinada a converterse no plan de ruta dos novos emprendedores que tanto necesita o noso país. Se a ti tamén te chegou a hora de montar a túa empresa, aquí tes o teu primeiro socio. 



  • Historia do traxe galego / Clodio Gozález Pérez. Otros

A vestimenta tradicional constitúe unha das manifestacións representativas da idemntidade dun pobo. A partir do século XIX, co progresivo desenvolvemento da industria textil, a confección doméstica foi desaparecendo, tamén os oficios tradicionais relacionados cos tecidos e a costura.

O longo da histaria do noso país, foron moitos os intelectuais que fixeron un chamamento para que os traxes típicos de Galicia non quedasen no esquecemento... 



sábado, 21 de setembro de 2013

Novedades Adulto - setembro 2013

  • Novidades ingresadas nos fondos da Biblioteca Pública de Pontevedra durante setembro 2013:

                                           
                                                     Novidades adultos outono 2013     

mércores, 11 de setembro de 2013

Voluntariado cultural na Biblioteca

O programa de "Voluntariado Cultural" pretende que as bibliotecas poidan prestar con máis eficacia a súa función de formar, informar e de acceso a cultura e o lecer dos cidadáns en igualdade de oportunidades por medio de procesos áxiles e innovadores capaces de brindar servizos de calidade que se acomoden ás necesidades dos usuarios e da comunidade á que serven.


                                          Máis inforfación sobreo o Voluntariado cultural en Bibliotecas



Os voluntarios realizarán fundamentalmente as seguintes tarefas:

.Apoio á difusión e promoción das bibliotecas públicas
.Apoio na formación en competencias informacionais 
.Apoio na posta en práctica de proxectos e animación lectora e sociocultural
.Apoio na realización de actividades culturais ou artísticas 
.Apoio ao aprendizaxe doutras linguas
.Outras

Perfil da persoa voluntaria: 

•Animación sociocultural e de promoción da lectura, preferiblemente con experiencia no trato con adultos e/ou con nenos e nenas.

•Coñecementos de informática que saiban transmitilos a adultos para contribuír a salvar a fenda dixital dos sectores da poboación menos favorecidos. 

•Dominio dun arte, dun oficio, dunha profesión, dunha experiencia vital interesante ou dunha afección que queiran compartila e transmitila.

As persoas que queiran prestar accións de voluntariado con este colectivo pode  colaborar connosco na Biblioteca Pública de Pontevedra

Dirección e teléfono de contacto:
r/ Alfonso, XIII, 3 - 36002 Pontevedra.
Tlfn. 986 85 08 38
Email: biblio.publica.pontevedra@xunta.es




martes, 10 de setembro de 2013

Clubs de Lectura. Octubre 2013-Febrero 2014




INSCRIPCIÓNS NOS CLUBS DE LECTURA A PARTIR DO 9 ATA O 27 DE SETEMBRO

- En horario de 9 a 14 h. directamente na biblioteca (3ª planta).
- No telefono 986 85 08 38 en horario de 9 a 14 h.
- Enviando un correo electrónico a biblio.publica.pontevedra@xunta.es poñendo no asunto o nome do club ao que quere anotarse. No correo incluír tamén os seguintes datos: Nome e apelidos, telefono de
 contacto e nº de lector se xa es usuario/a da biblioteca. Se non é usuario terá  que facer o carné.
- Prazas limitadas.

Club de lectura de Portugués (inscricións  do 9 ao 27 se setembro)

Sesións: luns de 18:00 a 19:00 h  os días 7 e 21 de outubro; 4 e 18 de novembro; 2 e 16 de decembro; 13 e 27 de xaneiro; 3 e 17 de febreiro.

Comezamos coa lectura de:



Xermano Almeida. Testamento do Sr. Napomuceno

Club de lectura de Galego  (inscricións do 9 ao 27 se setembro)

Sesións: luns de 19:00 a 20:00 h  os días 7 e 21 de outubro; 4 e 18 de novembro; 2 e 16 de decembro; 13 e 27 de xaneiro; 3 e 17 de febreiro.

Comezamos coa lectura de:


Paul Auster. Brooklin Follies

Club de Lectura de Castelán (inscricións  do 9 ao 27 se setembro)
Sesións: os mércores de outubro a febreiro de 17:00 a 18:00 h.

Comezamos coa lectura de:

Mateo Díez, Luís: La fuente de la edad

Club de Lectura de Inglés (incripcións  do 9 ao 27 se setembro )
Sesións: os martes de outubro a febreiro de19:45 a 20:45 os días 8 e  22 de outubro;  5 e 19 de novembro; 3 e 17 de decembro; 14 e  28 de xaneiro; 11 e 25 de febreiro.

 Comezamos coa lectura de:



Austen, Jane. Pride and Prejudice (ebook)

xoves, 5 de setembro de 2013

Programación actividades Setembro 2013


Clubs de Lectura. Adultos. Octubre 2013 /febrero 2014

Insripcións do 9 o 27 de setembro na  3ª planta da Biblioteca Pública de Pontevedra o por teléfono (986 850 838) de 9 a 14 h. o por correo electrónico a biblio.publica.pontevedra@xunta.es.

- Club de lectura. Gallego (luns)
- Club de lectura. Portugués (luns)
- Club de Lectura Inglés (martes)
- Club de lectura de Castellano (mércores)



Obradoiro de creación literarios a cargo de Luis Vallecillo. O venres 13 de setembro de 18 a 19:30 h. na sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra.

Inscripción a partir do 2 se setembro na 3ª planta da Biblioteca Pública de Pontevedra o por teléfono (986 850 838) de 9 a 14 h. o por correo electrónico a biblio.publica.pontevedra@xunta.es.


 


Contacontos "Contos nas orellas" a cargo de Bea Campos. O venres 20 se setembro as 18:00 h. na sala infantil. Entrada de balde. Nen@s a partir de 3 anos.


20 de Setembro, venres. Presentación do libro: "Triste Escarlata" de Marcus Cabada. O venres 20 de Setembro as 19:30 h. no Salón de Actos.



Triste escarlata, unha visión vangardista da realidade, nárranse miles de pensamentos e sensacións filosóficas aleatorias que plasman a confrontación entre dous mundos diferentes: unha morte en grao sumo viva e unha vida case morta. Unha enfermidade incurable que se canalizará a través da literatura, Lúa, a filla do indomable e unha mortífera cor, o escarlata, serán os únicos reveladores da verdade e, por tanto, da realidade escondida tras a tolemia da imaxinación, a memoria e do segredo da vida.



Contacontos "A cara dos contos" a cargo de Chus Otero. O venres 27 se setembro as 18:00 h. na sala infantil. Entrada de balde. Nen@s de 3 a 7 anos.


mércores, 4 de setembro de 2013

Recomendacións de lectura. Setembro 2013



                                                 Las vacaciones de Íñigo y Laura / Pelayo Cardelús
                                                                     Caballo de Troya, 2013
                                                                              CN CAR pel


Unha historia sobre ese machismo que ao parecer xa non existe.

Íñigo e Laura, despois de cinco anos de matrimonio e tras saber que á fin esperan un fillo, deciden pasar unha semana de vacacións nas praias salvaxes e solitarias de Zahara de los Atunes. Queren descansar e -como mandan os eslóganes publicitarios- gozar da vida: tomar o sol, paseos, pequenas excursións, quioscos e darse espazo, ocasión e tempo para o desexo do corpo conxugal.
Na súa primeira mañá de praia Íñigo proponlle a Laura que faga topless e el mesmo quítalle a parte superior do bikini e, fortemente excitado, esténdelle a crema protectora pola súa pel. Logo érguese, camiña ata a beira do mar e contempla o belo corpo da súa muller.
De pronto, e inevitablemente, alguén se achega.
Esta é unha novela sobre o matrimonio, é dicir, sobre o erotismo, a propiedade privada, o perdón e a morte. O amor, o desexo e o matrimonio como campo de batalla.

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...