O programa de "Voluntariado Cultural" pretende que as bibliotecas poidan prestar con máis eficacia a súa función de formar, informar e de acceso a cultura e o lecer dos cidadáns en igualdade de oportunidades por medio de procesos áxiles e innovadores capaces de brindar servizos de calidade que se acomoden ás necesidades dos usuarios e da comunidade á que serven.
Máis inforfación sobreo o Voluntariado cultural en Bibliotecas
Máis inforfación sobreo o Voluntariado cultural en Bibliotecas
Os voluntarios realizarán fundamentalmente as seguintes tarefas:
.Apoio á difusión e promoción das bibliotecas públicas
.Apoio na formación en competencias informacionais
.Apoio na posta en práctica de proxectos e animación lectora e sociocultural
.Apoio na realización de actividades culturais ou artísticas
.Apoio ao aprendizaxe doutras linguas
.Outras
Perfil da persoa voluntaria:
•Animación sociocultural e de promoción da lectura, preferiblemente con experiencia no trato con adultos e/ou con nenos e nenas.
•Coñecementos de informática que saiban transmitilos a adultos para contribuír a salvar a fenda dixital dos sectores da poboación menos favorecidos.
•Dominio dun arte, dun oficio, dunha profesión, dunha experiencia vital interesante ou dunha afección que queiran compartila e transmitila.
As persoas que queiran prestar accións de voluntariado con este colectivo pode colaborar connosco na Biblioteca Pública de Pontevedra
Dirección e teléfono de contacto:
r/ Alfonso, XIII, 3 - 36002 Pontevedra.
Tlfn. 986 85 08 38
Email: biblio.publica.pontevedra@xunta.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario