Amosando publicacións coa etiqueta Francisca Herrera Garrido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Francisca Herrera Garrido. Amosar todas as publicacións

martes, 23 de abril de 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Francisca Herrera Garrido, 1987





Francisca Herrera Garrido naceu o 6 de marzo de 1869 no seo dunha familia burguesa da Coruña. Foi educada en principios tradicionais e nunha forte fe relixiosa, que se ía ver reflectida nas súas obras.

En 1909, despois da morte da súa parella e da súa nai, decide trasladarse a Madrid cunha das súas irmás, e Oleiros converteuse no lugar de vacacións para o verán. Co inicio da Guerra Civil a familia decidiu regresar temporalmente á Coruña. Con esta idea deixaron os seus bens persoais e o seu capital nos bancos madrileños, pero tres anos despois, cando volveron a buscalos, xa non estaban.

Despois da Guerra a súa vida mudou completamente, e tiveron que subsistir de xeito moi modesto, grazas a Josefa, a súa criada de toda a vida.

A obra de Rosalía de Castro marcou profundamente a Francisca, e na súa época, foi considerada a sucesora desta.

A súa primeira publicación foi  Sorrisas e bágoas (1913) inspirada no ambiente rural de Oleiros. Seguiríanlle outros poemas como Almas de muller...Volallas n´a luz! (1915), e numerosas colaboracións en publicacións periódicas, ademais de diversas obras de narrativa, tanto en castelán coma en galego. Cabe destacar Néveda (1920), que foi a primeira novela escrita en galego por unha muller.

O 4 de marzo de 1945, a Real Academia Galega escolleu a Francisca membro numerario, e converteuse así na primeira muller electa da historia da Academia.

Finou na Coruña en 1950.

Actualmente, no Museo de Pontevedra, podemos consultar o seu arquivo, formado polos seus manuscritos e documentos privados.



Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...