Francisca
Herrera Garrido naceu o 6 de marzo de 1869 no seo dunha familia
burguesa da Coruña. Foi educada en principios tradicionais e nunha
forte fe relixiosa, que se ía ver reflectida
nas súas obras.
En
1909, despois da morte da súa parella e da súa nai, decide
trasladarse a Madrid cunha
das súas irmás, e
Oleiros converteuse no lugar de vacacións para o
verán.
Co inicio da Guerra Civil a familia decidiu regresar
temporalmente á Coruña. Con esta
idea deixaron os seus bens persoais e o seu capital nos bancos
madrileños, pero tres anos despois, cando volveron a buscalos, xa
non estaban.
Despois
da Guerra a súa vida mudou completamente, e tiveron
que subsistir
de xeito moi modesto, grazas a Josefa, a súa criada de toda a vida.
A obra de Rosalía de Castro
marcou profundamente a Francisca, e na súa época, foi considerada a
sucesora desta.
A
súa primeira publicación foi Sorrisas
e bágoas (1913)
inspirada no ambiente rural de Oleiros. Seguiríanlle outros poemas
como Almas
de muller...Volallas n´a luz! (1915),
e numerosas colaboracións en publicacións periódicas,
ademais de diversas
obras de narrativa, tanto en castelán coma
en galego. Cabe destacar Néveda
(1920),
que foi a primeira novela escrita en galego por unha muller.
O
4 de marzo de 1945,
a Real Academia Galega escolleu a Francisca membro numerario,
e converteuse así na primeira
muller electa da historia da Academia.
Finou na Coruña en 1950.
Actualmente, no Museo de
Pontevedra, podemos consultar o seu arquivo, formado polos seus
manuscritos e documentos privados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario