Rafael
Dieste naceu en Rianxo o 29 de xaneiro de 1899 no seo dunha familia
acomodada. Na súa mocidade estableceu unha profunda amizade co poeta
vangardista Manuel Antonio, interesándose os dous pola realidade
social galega e no seu nacente nacionalismo.
Estudou
xornalismo e unha vez rematada a carreira, conseguiu traballo en
distintos xornais liberais de Vigo, como Galicia, El Pueblo
Gallego ou Faro de
Vigo, nesta cidade confluíu con
nomes destacados como Carlos Maside, Valentín Paz Andrade, Luís
Amado Carballo...
En
1926 editou
unha recompilación de contos publicados en
El Pueblo Gallego e en
Galicia chamado Dos
arquivos do trasno. Un ano
despois ingresou no Seminario de Estudos galegos, pero a dedicación
a Galicia entrou en contradición coa ambición persoal, xa que
desexaba un recoñecemento maior. Así na década dos 30 viaxou a
Madrid e participou nas Misiones Pedagógicas xunto a figuras como
María Zambrano ou Bartolomé Cossío e ademais, creou e dirixiu o
Teatro Guiñol.
Coa
chegada da Guerra Civil, Rafael Dieste pertencía á Alianza de
Intelectuales Antifascistas, ademais de ser o director do Teatro
Español e do grupo de teatro
Nueva Escena, así que
decidiu seguir a retirada republicana primeiro a Valencia e a fins do
37 a Barcelona.
En
1939 ingresou no Exército do Leste e participou na publicación de
El Combatiente del Este.
Trala caída de Cataluña tivo que exiliarse, primeiro estivo en
varios países de Europa e finalmente estableceuse
en Bos Aires, e grazas a axuda de Maruja Mallo, comeza a traballar na
editorial Atlántida. Durante
varios anos traballou en diversas universidades, ata que en 1954
regresou á editorial Atlántida, na que apareceu a versión
definitiva de A fiestra valdeira (1958).
O
21 de agosto de 1961, Dieste chega ao porto de Vigo e a mediados de
esa década instálase na cidade da Coruña. No
ano 1970 tivo lugar o ingreso na Real Academia Galega e durante os
anos sucesivos continuou traballando a prol da cultura galega, sen
abandonar o activismo político e
reclamando o autogoberno para Galicia.
A
súa obra é fundamentalmente narrativa e teatro, supuxo a
modernización da literatura galega, conseguindo un estilo propio que
se afasta do realismo ruralista
imperante na Xeración Nós. Poucos meses antes da súa morte,
aparece o volume Antre
a terra e o ceo,
que recolle artigos seus publicados na década de 1920.
O 15 de outubro de 1981,
Rafael Dieste finou en Santiago de Compostela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario