Vicente
Martínez Risco y Agüero naceu
en Ourense en
1884, alí cursou estudos primarios e tras rematar o bacharelato,
estudou Dereito na Universidade de Santiago. Unha
vez licenciado, conseguiu unha praza de funcionario na delegación de
Facenda de Ourense.
En
1913 mudouse a Madrid para estudar Maxisterio, onde foi alumno de
Ortega y Gasset.
Regresou
a Ourense en 1916 como catedrático de Historia da Escola Normal e un
ano máis tarde, fundaría xunto con Noguerol, a revista literaria La
Centuria.
Nestes
anos comeza a época máis fecunda do autor, ingresando nas
Irmandades da
Fala en
1917 e converténdose en teórico do nacionalismo galego con textos
como: Elementos
de metodología de la historia, El problema político de Galicia ou
Nós, os
inadaptados. Asemade
participou activamente na política galega e foi un dos fundadores da
revista Nós,
ademais
de desenvolver unha importante labor na etnografía e antropoloxía
de
Galicia.
Risco
foi autor de diversas novelas curtas como, Do
caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros, O lobo da xente ou
O porco de pé
e
máis a obra de teatro, O
bufón de El Rei.
Co paso dos anos foise
separando do nacionalismo e durante a II República abandonou o
Partido Galeguista e ingresou en Dereita Galeguista. A súa evolución
cara a unha ideoloxía máis conservadora e católica, fixeron que co
estalido da Guerra Civil, apoiara o ideario franquista.
Durante
os anos corenta residiu en Pamplona e Madrid, colaborando en diversos
xornais, para regresar a Ourense en 1948.
Desde
1940
escribiu sempre
en
castelán, agás algunha tradución ao galego de importantes obras
como La
familia de Pascual Duarte.
O
30 de abril de 1963, Vicente Risco falece en Ourense.
Ningún comentario:
Publicar un comentario