Armando
Cotarelo Valledor naceu o 28 de decembro de 1879 en Vegadeo, despois
de estudar Filosofía e Letras en Madrid, obtivo a
cátedra de Lingua e Literatura españolas na Universidade de
Santiago de Compostela no
ano 1904, onde chegou a
ser vicerreitor e decano.
Integrado
no ambiente galeguista, foi membro activo das Irmandades da Fala,
ademais de membro fundador e primeiro presidente do Seminario de
Estudos Galegos. Asemade formou parte da Real Academia Galega e da
Real Academia Española, así
como creou e dirixiu a revista Ultreya.
Cotarelo
Valledor adicouse a estudar a literatura galega medieval, sendo un
dos precursores en Galicia neste aspecto.
En
1925 trasladouse a Madrid e foi nomeado catedrático na Universidade
Central. Malia estar considerado un dos líderes da vida cultural
galeguista, cando deu comezo a Guerra Civil, foi partidario do
levantamento militar e apoiou aos sublevados.
Colaborou
en diversos xornais e revistas ao longo da súa vida, ademais
escribiu unha novela bilingüe El
pazo, e
varios contos populares como Contos
de nadal colleitos do pobo ou
Cancioneiro
da agulla enxergado con doas do pobo,
mais
se nunha disciplina destacou Cotarelo Valledor, foi no teatro, sendo
continuador da estética realista da época. De
entre a súa produción podemos atopar
obras de drama rural Trebón,
Lubicán,
de ambiente mariñeiro Beiramar,
Mourenza,
comedia sentimental Sinxebra
ou
traxedia histórica Hostia.
Os
últimos anos da súa vida pasounos en Madrid, onde foi catedrático
de Lingua e Literatura Galego-Portuguesa, ata que o 8 de decembro de
1950 finou.
Ningún comentario:
Publicar un comentario