venres, 19 de abril de 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Manuel Leiras Pulpeiro, 1983




Manuel Leiras Pulpeiro naceu en Mondoñedo o 25 de outubro de 1854, foi unha das principais figuras do Rexurdimento e a súa obra caracterízase por unha temática de denuncia social.

Iniciou os seus estudos de Latín e Humanidades no Seminario mindoniense, unha vez obtivo o título de bacharel, cursou a carreira de Medicina en Santiago e Madrid, licenciándose na capital en 1877.

En 1878 regresa a Mondoñedo xa como médico en exercicio. Ser republicano, galeguista e anticlerical, creoulle numerosas dificultades na vila e incluso lle valeu o apelativo de “médico dos pobres”.

Leiras Pulpeiro tamén participou activamente na vida política, chegou a ser presidente do Comité Republicano Federal de Mondoñedo Liberal e participou na Xuntanza Federalista de Lugo que aprobou o Proyecto de Constitución para el futuro Estado gallego.

Os seus primeiros poemas foron publicados en 1884 no semanario O Tío Marcos da Portela e en 1911 viu a luz Cantares gallegos, a única obra completa publicada en vida, onde eleva á categoría de mito a figura do Mariscal Pardo de Cela. Os seus poemas están inspirados na tradición popular e o predomino da temática amorosa e social.

En 1905 a Real Academia Galega nomeouno membro, pero Leiras Pulpeiro renunciou, considerando que non reunía as condicións necesarias.

O 9 de novembro de 1912 finou en Mondoñedo, pero as súas Obras Completas, non se publicarían ata 1930. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...