Xoán
Manuel Pintos, nado en Pontevedra en 1811, foi unha das máis
destacadas figuras da primeira xeración provincialista dos
percusores do Rexurdimento.
Estuda
humanidades na Coruña antes de cursar Dereito, Filosofía e música
en Santiago. Entre 1837 e 1840 traballa como avogado na Coruña ata
que é nomeado xuíz de primeira instancia en Cambados polo goberno
progresista. Cando os conservadores retornen ao poder en 1844, será
destituído e voltara exercer a avogacía, desta volta en Pontevedra.
En 1862, pasa a traballar como rexistrador da Propiedade en Vigo, cargo
que ocupou ata o seu falecemento en 1876 na cidade olívica.
Da
súa obra, escrita case exclusivamente na nosa lingua, destacase A gaita tocada polo gaiteiro ou sea Carta de
Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua
gallega, e aínda máis, unha obra trilingüe (galego, castelán
e latín) para achegar o galego aos lectores e publicada en
fascículos ao longo de 1853, xunto co Breve diccionario escrito
por el tamborilero para facilitar la inteligencia de la Gaita Gallega
tocada por el Gaitero.
Porén,
non foi esta a súa única aportación ás letras galegas. Escritor
asiduo en xornais como El País ou La Perseverancia,
algúns dos seus poemas foron publicados en Misterios de
Pontevedra e noutros xornais. Destacanse entre eles as églogas
“Antonio e Margarida”, “Xacinto e Catriña” e “Delores e
Alexandre”.
Tamén
compre destacar o poema narrativo “Contos da aldea que parecen
historias da vila ou historias da vila que parecen contos da aldea”,
o poema lírico “O reiseñor” e un intento de epopea co título
“A Galicia” de máis de seiscentos versos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario