sábado, 18 de febreiro de 2017

Mércores 22 de febreiro Charla: COMUNICACIÓN CANINA E COMO APRENDEN OS CANS, charla impartida por Iria Sánchez, educadora canina.


O obxectivo da charla é proporcionar as bases para unha a mellor comunicación humano/can xa que ao coñecer a súa linguaxe ábrese unha vía de comunicación para ambos ademais de fomentar o benestar animal e o do núcleo familiar co que convive

Data: Mércores: 22 de febreiro, as 19:00 na sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra
Dirixido a:  todas as persoas que convivan ou traten con cans.
Aforo limitado (25 prazas)

Información e inscrición:
Info@aecamgalaicia.com
Inscrición por teléfono e/ou Whatshap: 667 23 19 74

Charla impartida por Iria Sánchez, educadora canina.Voluntariado Galego


martes, 14 de febreiro de 2017

Hoxe 14 de febreiro destacamos... Maxina ou a filla espúrea


Maxina ou a filla espúrea

Otilia de Sancti Petri, unha rapaza de dezaseis anos nada nunha familia burguesa compostelá, tras ser violada, da a luz na casa duns labregos a unha nena á que chama Maxina. Inés e Caitán, os labregos, acabaron criando a Maxina xunto ao seu fillo Ermelio, ata que quedan orfos e pasan a servir noutra casa de labregos. De esa casa sácanos o señorito Salvio e o marqués de Tria-Castela, o primeiro infelizmente namorado de Otilia e o segundo de Maxina, da que non sabe que é a súa neta...


Un argumento fascinante para a considerada como primeira novela contemporánea en galego. Maxina ou a filla espúrea é unha novela romántica, escrita por Marcial Valladares en 1880, con episodios truculentos e un desenlace sorprendente.





Referencia: V-365(36)



mércores, 8 de febreiro de 2017

Introducción á alimentación de animales Exóticos. Charla a cargo de Roberto Díaz y Fátima María Otero (AECAM)

O próximo sábado dia 11 as 12:00 h. na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, terá lugar unha charla de introdución á alimentación de animais exóticos con dous relatores, Roberto Díaz e Fátima Otero de AECAM , a importancia dunha correcta alimentación é un alicerce fundamental para o benestar animal e para a prevención de moitos problemas na saúde destes animais.


xoves, 2 de febreiro de 2017

Contacontos: “Contos nas orellas”, a cargo de Bea Campos (Migallas)

3 de febreiro, venres “Contos nas orellas”, a cargo de Bea Campos (Migallas)

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo

Charla de Eusebio Rivero Veiga, OBSERVATORIO SOCIOEDUCATIVO INSPIRA

Eusebio Rivero Veiga es Licenciado en Belas Artes e profesor interino, especialista na aplicación de accións artísticas na formación e creación de conciencia social. Profesor de Educación Plástica, Visual e Audiovisual en diferentes centros, membro dediferentes asociacións socioculturais e de acción, activista en diferentes ámbitos de mobilidade urbana sostible, entre outras moitas cousas...


En educación traballa desde a arte contemporánea na escola, para empoderar aos alumnos/as, creando estratexias para a apropiación do seu espazo. Crear a través da arte espacios cómodos e amables, que sintan desta maneira o centro como propio, como algo que lles pertence.

Trazando proxectos transversais de apropiación que axudan a contrarrestar o mal chamado fracaso escolar e o absentismo.

Axudar ao pensamento crítico contemporáneo a través da arte como forma de coñecemento e resolución de conflitos, usando a creatividade sen coartara nin estimulala, deixándoa estar.

Usando os coñecementos xa adquiridos para crear e vivir, crecendo como persoas capaces de traballar en equipo, de ser creativos/a e proactivos/as.

Traballa na educación basada na aprendizaxe sen memorizar, en competencias desenvolvendo proxectos para conseguir o difícil: saber pensar e desta maneira saber ser.

Data: 4 de febreriro de 2017, Sábado
Hora: de 11:00 A 13:00
Lugar: Sala de obradoirosda Biblitoeca Púbica de Pontevedra Antonio Odriozola


Máis información
http:// bibliotecas.xunta.gal/pontevedra/

http://observatorioinspira.blogspot.es/

Actividades febreiro 2017. Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

17 de xaneiro-17 de febreiro: Carmela Lazcano Novoa. Exposición obra pictórica

Público destinatario: Público xeral
Lugar: Sala de Exposicións
Hora: 09:00 a 21:00 h
Entrada de balde





3 de febreiro, venres: Sesión de contos: “Contos nas orellas”, a cargo de Bea Campos (Migallas)

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo








4 de febreiro  sábado: "Observatorio Socioeducativo Inspira" con Eusebio Rivero


Charla a cargo de Eusebio Rivero, licenciado en Belas artes e profesor interino, especialista na aplicación de accións artísticas na formación e creación de conciencia social

Público destinatario: Público xeral
Lugar: Sala de Obradoiros
Hora: 11:00-13:00 h


Entrada de balde, ata completar aforo


10 de febreiro, venres:  Sesión de contos “Historias encontadas”, a cargo de Pavís Pavós

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo





Sábado, 11 de febreiro. "Introducción á alimentación de animais exóticos"  a cargo de Roberto Díaz y Fátima María Otero

Charla sobre alimentación responsable como parte esencial do benestar animal,  que tratará de aclarar conceptos contorna á alimentación de nustrs mascotas, eliminar vellos tabús ou ideas preconcibidas e a súa aplicación á vida real

Lugar Biblioteca Pública de Pontevedra
Hora: 12:00 a 13:30
Destinatarios: Pública en general
Entrada de balde, ata completar aforo

Máis información:
info@aecamgalicia.com
tlfn: 667231974


Pasaporte de lectura das letras Galegas 2017. Do 17 de febreiro ata o 16 de maio.


 Que é o “Pasaporte de lectura das Letras Galegas 2017”?
É unha actividade dirixida ós usuarios adultos da Biblioteca que ten por obxecto o fomento da lectura en galego.

Que teño que facer?                   
Ler catro libros do centro de interese “Letras Galegas 2017”, que contén unha selección de obras de literatura galega escritas por mulleres e que estará no segundo andar desde o día 17 de febrero ata o 19 de maio.

Canto dura a actividade?
 Dende o 17 de febreiro ata o 19 de maio.

Que fago cando complete o "pasaporte"?
 Unha vez completado o pasaporte cos selos correspondentes, depositaranse na caixa situada no mostrador de préstamo na segunda planta da biblioteca. Posteriormente, o día 19 de maio ás 18:00 farase un sorteo público entre os pasaportes recibidos.

Cantos pasaportes podo completar?
 Non hai número limitado de pasaportes.

Ler ten premio?

 Si, entre os participantes na actividade sortearanse 3 lotes de libros.


17 de febreiro, venres: Contos para bebés “Contos de ida e volta”, a cargo de Charo Pita

Público destinatario: Bebés (0-3 anos).
Con inscripción e recollida de invitacións
As inscricións a partir do 6 de febrero, luns, na biblioteca, na planta baixa (Información) ou por teléfono (886 15 92 50)  de 9:00 a 20:30 h.
As invitaciones recolleranse na planta baixa (Información)
20 bebés (1 adulto por cada bebé)
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde


24 de febreiro, venres: Sesión de contos: “Contos con descontos”, a cargo de Expresión Contacontos (Manuel Solla)
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...