xoves, 25 de novembro de 2021

Entrevista a Antía Cons, autora de "La estrella estrellada"

 



Nada en Vigo, Antía sempre se considerou máis unha científica ca outra cousa, e non obstante acabou estudando a carreira de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural. Vivíu cinco meses en Xapón grazas a unha beca universitaría, e o seu amor polas viaxes e as culturas leváronna a distintas partes do planeta. Traballou na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, e agora finalmente decidiuse a dar un paso adiante e tentar vivir de dúas das súas grandes pasións: o debuxo e a escritura. Con este conto, a súa primeira obra publicada, todos eses anhelos fanse realidade.


Como xurde a idea de escribir un conto infantil?

Sempre tiven na cabeza decenas de historias de todo tipo. Algunhas chegueinas escribir, outras non, pero sempre estaban aí. 


Pero ata agora non te animaras a publicar nada. 

Non. Sempre o considerei máis coma un pasatempo que como algo ao que me puidera adicar profesionalmente.  


Pode dicirse que a pandemia te axudou a dar finalmente ese paso profesional?

Podería dicirse que si. Tiña todo o tempo do mundo e este conto o tiña gardado nun recuncho dende facía anos. Así que un día saqueino á luz e comecei debuxalo. Despois viñeron as palabras. Palabras en verso.


Escribir en castelán sendo galegofaltante foi unha decisión premeditada?

Non, en absoluto. Nin escribilo en rima. Como xa dixen primeiro fixen as ilustracións e, cando finalmente tocou a parte escrita, xurdíu desa maneira. E unha vez comecei xa non era capaz de velo escrito en prosa ou en galego.


Pero o seguinte conto si está escrito nese idioma. Entón hai contos para rato? 

Todo depende da imaxinación e das ideas que vaian xurdindo polo camiño, pero esa é a intención. Gústame experimentar e ir explorando novos camiños. 


E neste novo conto tamén haberá animais e moita auga?

Ou son dúas cousas totalmente distintas. Si e non. Son dous contos totalmente distintos entre eles, pero a mensaxe non é moi diferente. Aceptarte a ti mesma, o mundo que che rodea e aos demais. Aprender a vivir en paz e harmonía. E por suposto non ter medo a vivir aventuras. Aventuras como poñerse diante dun teclado e escribir un conto. Unha boa aventura chea de sorpresas, sen nengunha dúbida.


Desde a Biblioteca queremos desexar moita sorte a  Antía na súa faceta como escritora e ilustradora.




martes, 23 de novembro de 2021

"Micrófono aberto" de WordPress Pontevedra




Desde a biblioteca Pública de Pontevedra estamos encantadas da vosa volta ás reunións presenciais na biblioteca. Será o vindeiro venres 26 de novembro ás 18.00 h. e terán transcurrido entón 644 días desde a última reunión presencial.

Será uhna sesión de "micrófono aberto", na que falar e compartir as últimas experiencias

😷 O evento realízase no salón de actos da Biblioteca, coma sempre. É  un lugar enorme onde non haberá problema en manter a distancia social e será obrigatorio o uso de máscara.






martes, 16 de novembro de 2021

"Os marabillosos xoguetes ópticos"




 Obradoiro de precine


                    Queredes saber que artefactos foron os precursores do cine moderno? 

As nenas e nenos realizarán os seus primeiros debuxos animados construíndo xoguetes ópticos.

 

O venres 26 de novembro ás 18.00 h. para rapazada de 6 a 11 anos.

 

Con inscrición previa a partir do 17 de novembro ás 11.00 h. a través do formulario da páxina web da biblioteca



luns, 8 de novembro de 2021

Novembro. Mes da ciencia en galego nas bibliotecas

 



Como cada mes de novembro, este ano tamén se celebra o mes da ciencia en galego nas bibliotecas.




Dende a Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra temos unha programación de actividades especiais sobre ciencia e tres centros de interese: un na sala infantil sobre astronomía, un de ciencia escrita en galego na entrada da biblioteca e outro no segundo andar con libros de ciencia en xeral.





Faladorio Senlleiras





 Faladoiro arredor do libro “Senlleiras” de Antía Yáñez para público xuvenil e adulto.


O luns 22 de novembro ás 19.00 h.


Con inscrición previa a partir do xoves 11 de novembro ás 11.00 h. a través do formulario da páxina web da biblioteca.

 



Obradoiro de simulación de galaxias e eclipses

 



Obradoiro dirixido a nenas e nenos de 8 a 12 anos.


O venres 19 de novembro de 16.30 a 18.00 h.

 

Inscrición previa dende o mércores 10 de novembro ás 11.00 h. no formulario da páxina web da biblioteca.




O chineiro da tía María

 




Espectáculo para público familiar a partir de 6 anos.


Con inscrición previa a partir do xoves 11 de novembro ás 11.00 h. no formulario da páxina web da biblioteca. Cada persoa que inscribe pode anotar a varias persoas da mesma unidade familiar.


Hai dúas sesións a elexir:

  • O sábado 20 de novembro ás 11.30 h.
  • O venres 3 de decembro ás 18.00 h.


Uso obrigatorio de máscara



martes, 2 de novembro de 2021

Obradoiro de mulleres científicas

 

O día 12 de novembro temos os obradoiros de mulleres científicas para rapazada de 6 a 12 anos. 

Tes dúas sesións a elexir: Ás 17.30 h. ou ás 19.00 h.

Inscrición previa a partir do día 3 de novembro ás 11.00 h. no formulario da páxina web da biblioteca.



Entrevista a Antía Cons, autora de "La estrella estrellada"

  Nada en Vigo, Antía sempre se considerou máis unha científica ca outra cousa, e non obstante acabou estudando a carreira de Ciencias da Cu...