xoves, 24 de setembro de 2015

25 de setembro, venres: Espectáculo “Camiño de historias”, a cargo de Migallas Teatro


25  de setembro, venres: Espectáculo “Camiño de historias”, a cargo de Migallas Teatro



Sinopse: Espectáculo constituído por tres historias de tradición oral procedentes de diversos lugares do mundo onde se fala galego ou portugués e que abordan dunha maneira amena cuestión como a difusión destas linguas, a interculturalidade e os dereitos humanos.

Público destinatario: Público familiar, a partir de 4 anos.
Lugar: Salón de actos
Hora: 18:30

Entrada de balde, ata completar aforo

martes, 22 de setembro de 2015

"Pregunte: as bibliotecas responden"




O servizo "Pregunte" www.pregunte.es permite aos cidadáns realizar consultar gratuítas ás bibliotecas participantes no proxecto a través de internet a través de dúas modalidades: correo electrónico e chat. 

"Pregunte: as bibliotecas responden" é un servizo cooperativo entre o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e as Comunidades Autónomas que ten como fin proporcionar recursos de información gratuíto a todos os cidadáns e responder as súas consultas de carácter xeral. 


                                                          "Pregunte: as bibliotecas responden"


xoves, 10 de setembro de 2015

BASES DO II CONCURSO DEBASES DO II CONCURSO DE RELATO CURTO BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA ANTONIO ODRIOZOLA


Tema:
Pontevedra como tema central e non simple contextualización ou pretexto.

Obxectivo:
O obxectivo deste concurso é o fomento da creación literaria no ámbito da Biblioteca Pública, e servir como canle de difusión de novos valores.

Participantes:
Poderán presentar os seus traballos as persoas maiores de 14 anos.

Criterios de valoración:
·         Orixinalidade no tratamento da temática proposta e no emprego de técnicas e figuras literarias.
·         Uso correcto da gramática e da ortografía.


Condicións de presentación das obras:

Cada participante poderá presentar un único relato. Este deberá ser orixinal e inédito, sen que fose reproducido ou difundido previamente en ningún tipo de soporte ou medio (publicacións escritas, páxinas web, redes sociais, etc.).

O idioma elexido pode ser o galego ou o castelán.

A extensión máxima admitida é de tres páxinas escritas a ordenador con fonte Arial de tamaño 11 e interliñado de 1,5.

Os traballos poderán presentarse dun dos seguintes xeitos:

·      Depositándoos no lugar habilitado no mostrador de préstamo do segundo andar da Biblioteca. O relato presentarase sen asinar e cun pseudónimo, introducirase nun sobre pechado. No exterior do mesmo o participante deberá escribir "II Concurso de Relato Breve da Biblioteca Pública de Pontevedra + o pseudónimo" e no seu interior, ademais da obra, incluirá outro sobre pechado cos seus datos persoais (nome, apelidos, teléfono, DNI e correo electrónico).

·      Enviándoos á Biblioteca por correo ordinario nun sobre sen remitente no que conste "I Concurso de Relato Breve da Biblioteca Pública de Pontevedra + o pseudónimo". Nel incluirase o relato breve e outro sobre pechado cos datos persoais (nome, apelidos, teléfono, DNI e correo electrónico).


Prazo:
O prazo de presentación vai dende o día 10 de setembro ata o 10 de outubro.

Premios:
1º premio: lote de libros.
2º premio: lote de libros.
3º premio: lote de libros.
Ademais os tres traballos serán difundidos na rede a través da biblioteca.

Xurado:
Presidenta: A Directora da biblioteca.
Vogais: un técnico da biblioteca e un profesional da literatura ou do mundo libreiro.
Secretario: un usuari@ da biblioteca.

Resolución e entrega de premios:
A resolución do xurado farase pública o sábado 24 de outubro, día das bibliotecas. A lista cos premiados será exposta no taboleiro de anuncios da segunda planta na Biblioteca e a través da páxina web da Biblioteca. Ademais, comunicaráselles ós gañadores.

Os traballos gañadores (e, no seu caso, aqueles que o xurado considere máis interesantes de entre os non premiados) poderán ser expostos na Biblioteca e en diferentes canais da Biblioteca en Internet.
 expostos na Biblioteca e en diferentes canais da Biblioteca en Internet.

mércores, 9 de setembro de 2015

CLUBS DE LECTURA 2015-2016




Como todos os anos, a Biblioteca pública pon en marcha os “Clubs de Lectura” que darán comezo o mes de outubro de 2015 e rematarán no mes de xuño do 2016.

Poden formar parte destes clubs todas aquelas persoas, maiores de idade, que queiran compartir a súa experiencia lectora en inglés, galego, castelán ou portugués. Con esta actividade queremos seguir promovendo o uso da Biblioteca e fomentando o hábito lector.

Se non e usuario terá que solicitar o carné.

- CLUB DE LECTURA EN GALEGO: MARTES alternos, de 18:00 a 19:00 h. (20 prazas), a partir do 6 de outubro. Coordinadora: Patricia Saavedra.
- CLUB DE LECTURA EN PORTUGUÉS: LUNS alternos, de 18:00 a 19:00 h. (15 prazas) a partir do 5 de outubro. Coordinadora: Marta Isabela Mora Bogado.
- CLUB DE LECTURA EN INGLÉS: MARTES alternos, de 19:45 a 20:45 h. (20 prazas) a partir do 6 de outubro. Coordinador: Víctor Machín.
- CLUB DE LECTURA EN CASTELÁN: Todos os MÉRCORES, de 17:00 a 18:00 h. (20 prazas), a partir do 7 de outubro. Coordinador: Santiago Eizaguirre.

RESERVAS: 10 por cada club.

PRAZO DE INSCRICIÓN:  Do 14 de setembro  ao 25 de setembro (salvo que queden prazas sen cubrir).

FORMAS DE INSCRICION:

  • Na Biblioteca de 9:00 h. a 21:00 h.  
  • Por teléfono de 9:00 h. a 14:00 h. 
  • Por correo electrónico no seguinte enderezo:

biblio.publica.pontevedra@xunta.es, poñendo no asunto o nome do club ao que quere anotarse. No correo incluír tamén os seguintes datos: Nome e apelidos, teléfono de contacto e nº de lector se xa é usuario da biblioteca.

A Biblioteca confirmaralle a súa inscrición pola mesma vía pola que se inscribiu (salvo se é presencial que se avisaría por teléfono ou correo eléctrónico).

A inscrición é gratuíta.

*O criterio para a selección de asistentes nos Clubs de Lectura será por orde de chegada (día/hora).

*Só se aceptarán as solicitudes entregadas a partir da data de apertura do prazo. Non se admitirá ningunha solicitude enviada antes das 9:00 h. do día 14 de setembro, data de inicio das inscricións.

*Pódese inscribir cada usuario nun só club de lectura a excepción de que queden prazas sen cubrir. 

sábado, 5 de setembro de 2015

PRESENTACIÓN DEL CURSO FILOSOFÍA I, Prof. Domingos Amton García Fernandes

PRESENTACIÓN DEL CURSO FILOSOFÍA I

A filosofía é un saber de segundo grao, que se apoia en saberes de primeiro grao (de modo especial os científicos), dialéctico (traballa con contradicións e inconmensurabilidades), mundano, totalizador (globalizador, holístico, interdisciplinario e non parcelado, mais sen pretensión de ser omniabarcante), teórico e práctico,desenmascarador de ídolos, quebrantador de mitos e ideoloxías, non legalizador do caos. En poucas palabras: un saber integral e non contemporizador co establecido.

Entre os suxeitos a dilucidar: o tránsito das especulacións míticas ás explicacións racionais, lóxicas; os enganos, mentiras, ocultacións, simulacións, doxas, ideoloxías, na caverna de Platón e na nosa; as trampas na argumentación, as falacias máis frecuentes; o home: de animal a fabricación de deuses, ou mellor, dun Deus, o mercado; de corpo e cultura, unha crítica docerebrocentrismo; o pensamento de Karl Marx: alienación, loita de clases, crítica da economía política liberal, o fetichismo da mercadoría e que hai de vixente hoxe na súa teoría; unha contribución á crítica dos nacionalismos: os marcadores identitariose a denuncia das igualacións ficticias; os dereitos humanos como disfrace do capitalismo; diversas teorías antropolóxicas e filosóficas da relixión; os múltiples, ou non tanto, comportamentos morais, que son analizados como inmorais dende a óptica da ética; cuestionar o privado e o público dende a perspectiva do común; considerar se existe realmente a esquerda.

Curso de Filosofía I: “Aproximación á Filosofía”, a cargo do profesor Domingos Antom García Fernandes

Curso de Filosofía I: “Aproximación á Filosofía”, a cargo do profesor Domingos Antom García Fernandes

Actividade convocada pola Biblioteca Pública de Pontevedra dentro do programa de Voluntariado Cultural da Xunta de Galicia.

Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra
Horario: 19’00 – 20'45 (en xoves alternos dende o 1 de outubro de 2015 ata o 16 de xuño).

25  prazas con inscrición previa dende o  luns 7 de setembro:

- Na Biblioteca  de 9:00 a 21: 00 h. 
- Por teléfono de 9:00 a 14:00 h.
- Por correo electrónico no seguinte enderezo: biblio.publica.pontevedra@xunta.es , poñendo no asunto o nome da actividade ao que quere anotarse. No correo incluír tamén os seguientes datos: Nome e apelidos, telefono de contacto e nº de lector se xa es usuario da biblioteca.

En calquera caso a biblioteca lle confirmaría a súa inscrición pola mesma vía pola que se inscribiu (salvo se é presencial que se usaría o teléfono ou o correo).




Programa Completo: 


Día 1 de outubro. Do mito á filosofía
Día 15 de outubro. A caverna de Platón e a caverna actual
Día 29 de outubro. Trampas na argumentación. As falacias máis frecuentes
Día 12 de novembro. O home: de animal a fabricador de deuses
Día 26 de novembro. Cuestionando o cerebrocentrismo. Corpo e cultura
Día 10 de decembro. A emancipación humana en Karl Marx (1841 -1845)
Día 14 de xaneiro. Un fantasma percorre Europa. Ideoloxía e loita de clases(1845 -1851)
Día 28 de xaneiro. Análise do
“O Capital”. Crítica da economía política (1851 -1872)
Día 11 de febreiro. O fetichismo da mercadoría
Día 25 de febreiro. ¿Qué podemos aprender hoxe do pensamento de Marx?
Día 10 de marzo. Contribución á crítica dos nacionalismos
Día 7 de abril. Os dereitos humanos como ideoloxía do capitalismo
Día 21 de abril. Teorías da Relixión I: Frazer, Tylor, Durkheim, Marvin Harris
Día 5 de maio. Teorías da Relixión II: Marx, Nietzsche, Freud, Gustavo Bueno
Día 19 de maio. Morais e Ética
Día 2 de Xuño. Nin público, nin privado. Que entender por común?
Día 16 de xuño. Existen realmente as esquerdas?

Camiña Galicia

  Durante os meses de verán, na sala infantil, podes atopar esta selección de libros para levar prestados  sobre os camiños de Santiago.