Amosando publicacións coa etiqueta público xuvenil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta público xuvenil. Amosar todas as publicacións

xoves, 19 de setembro de 2019

Igualad@s: gymkana pola igualdade




Espazo de educación en igualdade con recursos lúdicos-didácticos 
 

Os obradoiros "Igualad@s: gymkana pola igualdade" están orientados a público xuvenil e celebraranse na Biblioteca Pública de Pontevedra:
  • Venres 4 de outubro de 18.00 a 20.00 h. para a mocidade de 16 a 18 anos (15 prazas).
  • Sábado 5 de outubro de 11.00 a 13.00 h. para a mocidade de 12 a 15 anos (15 prazas).

Inscrición previa a partir do día 23 de setembro na entrada da Biblioteca (información) ou por teléfono (886159250) en horario de 9.00 a 20.30 h.
Entrada de balde.



Esta actividade realízase ao amparo do Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Cultura e Turismo, para desenvolver as medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

venres, 6 de outubro de 2017

Desafío ex libris: Deseña o teu propio selo en plena era dixital


O vindeiro día 23 de outobro, co gallo do Día das Bibliotecas (24 de outubro), celebrarase na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola un obradoiro de ex libris, impartido por persoal do CSIC.

Ex libris

Hora: 18.30-20.00
Lugar: sala de obradoiros
Público destinatario: de 12 a 18 anos.
Prazas: 25 con inscrición previa.

Descripción da actividade: breve explicación sobre os ex libris e a importancia das bibliotecas privadas dependendo do momento histórico, diferentes técnicas utilizadas, mostra dalgúns materiais e fabricación dun ex libris que os participantes poderán empregar nos seus propios libros, libretas ou invitacións.

Acceso ao formulario de inscrición:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSczXFR8gDKCiSpFYVAFZjnTxbuSBW-KNWjtweyQeBo2SzW9JQ/viewform





Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...