Amosando publicacións coa etiqueta día da ilustración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día da ilustración. Amosar todas as publicacións

martes, 30 de xaneiro de 2018

Federico Ribas (1890-1952)

Mostra bibliográfica sobre o debuxante e publicista vigués.





Na Biblioteca Pública de Pontevedra ata o 23 de febreiro de 2018.






Naceu no ano 1890 en Bouzas (Vigo), aínda que marchou a Bos Aires, onde se aducou ao debuxo e á decoración. Colaborou en varias publicacións e foi pioneiro na Arxentina en humor gráfico. Viviu en París e de novo en España (Madrid).



Colaborou en grandes revistas da época como"Blanco y negro" ou "La esfera". Tamén traballou para "Faro de Vigo" e "El Pueblo Gallego".



Os seus anuncios e carteis como publicista, as súas acuarelas de temas mariños, as adaptacións de obras literarias e contos infantís... fan del un artista imprescindible das primeiras décadas do século XX.


A obra de Federico Ribas está nos museos de Galicia e nas coleccións e arquivos de Prensa española e nas empresas industriais, publicitarias e editoriais onde traballou.






Un mundo de ilustracións

O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. O protagonista deste ano é Camilo Díaz Baliño.

Na sala infantil, este ano queremos celebralo cos máis cativos, cunha maravillosa selección de álbumes ilustrados con premios ou de formato grande. Así naceu este centro de interese: "Un mundo de ilustracións".





 

mércores, 17 de xaneiro de 2018

30 de xaneiro. Día da Ilustración


O Día da Ilustración foi instituído pola Xunta de Galicia hai catro anos, como parte do seu Calendario do libro e da lectura, tomando a data do 30 de xaneiro, día do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.



Por iso lembramos algúns Premios de Ilustración do ano 2017:

 --Premio Internacional Compostela de Album Ilustrado:

--Premio Lazarillo de Ilustración 2017 para Jesús Cisneros.
http://revistababar.com/…/premio-lazarillo-de-ilustracin-2…/

--Premio Nacional de Ilustración 2017 para Alfredo González Sánchez:

-- Premio mundial de Ilustración 2017:

-- Premio internacional de Ilustración Feria de Bolonia- Revista SN:

E en marcha está o I Premio Internacional de Ilustración do salón do Libro e Pontevedra:





mércores, 29 de xaneiro de 2014

Xoves 30 de xaneiro. Faladoiro “A ilustración gráfica hoxe en Galicia”




Con Marina Seoane, Almudena Aparicio e Manuel Uhía.
Modera: Henrique Torreiro

Xoves 30 de xaneiro
Hora: 18.30 h
Lugar: Salón de Actos da Biblioteca Pública de Pontevedra
Para todos os públicos

De forma distendida e achegada ao público xeral, o faladoiro centrarase no traballo dos profesionais da ilustración, nos retos aos que se enfrontan na actualidade e nas perspectivas de futuro que se abriron nos últimos anos, cun progresivo recoñecemento social da importancia cultural do visual en xeral e da ilustración en particular.
Henrique Torreiro modera este faladoiro, no que participarán en diálogo os ilustradores Marina Seoane, Almudena Aparicio e Manuel Uhía.

Marina Seoane (Madrid, 1957). Licenciada pola Facultade de Belas Artes de Madrid, ten colaborado con máis de corenta editoriais, estudios de deseño e organismos oficiais. Ten ilustrado arredor de douscentos cincuenta libros e é autora de cinco contos. Varios dos seus libros obtiveron premios e mencións, como do Ministerio de Cultura, da Lista de Honra do CCEI ou da White Ravens. Autora de varios carteis de animación á lectura, realizou once exposicións individuais e participou en numerosas colectivas. Foi directora artística da editorial Edimáter. Actualmente é a presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). 5

Almudena Aparicio (Vigo, 1978). Licenciada pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra, ten traballado desde 2004 como ilustradora de libros de texto, didácticos e de literatura infantil. É, ademais, coautora do manual Técnicas de paquetería. Guía práctica para hacer más atractivos sus embalajes (Ideaspropias, 2005). O ano pasado gañou o Plum Pudding Award, convocado pola axencia de ilustradores británica Plum Pudding e a editorial Egmont, no IlustraTour 2013 (Valladolid).

Manuel Uhía (Portonovo, 1944). Estudou pintura na Real Academia de San Fernando e no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Como ilustrador, foi seleccionado en tres ocasións na Bienal de Bratislava (1993, 1995 e 1999). En 1997 formou parte da lista de honra do Premio CCEI. No 2000 foi seleccionado polo Ministerio de Cultura para a exposición A todo color. En 2009, obtivo a distinción White Ravens polo libro Cactus del desierto, escrito por Roberto Aliaga.

Henrique Torreiro (Ourense, 1972). Organizador das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense entre 1992 e 2010, é socio fundador de varias empresas de xestión cultural e editorial. Foi xerente da FADIP (Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales) e coordinador do Observatorio da Ilustración Gráfica. Na actualidade é secretario técnico da AGPI.

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...