Préstamo de libros, e-books, formación de usuarios, contacontos, obradoiros...
Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 2 de febreiro de 2017
xoves, 26 de xaneiro de 2017
Contacontos: “Meiga nova, metade anxo, metade marisco”, a cargo de polo Correo do Vento. Día da Ilustración
27 de xaneiro, venres. Contacontos: “Meiga nova, metade anxo, metade marisco”, a cargo de polo Correo do Vento
Contacontos ilustrado homenaxe á pintora galega Maruja Mallo. Pintora surrealista galega da que aprenderemos moitas cousas.
Horario: 18:00
Lugar: Sala de obradoiros
Destinatarios: nenos e nenas a partir de 3 anos
Entrada libre ata completar aforo
Destinatarios: nenos e nenas a partir de 3 anos
Entrada libre ata completar aforo
xoves, 5 de setembro de 2013
Programación actividades Setembro 2013
Clubs de Lectura. Adultos. Octubre 2013 /febrero 2014
Insripcións do 9 o 27 de setembro na 3ª planta da Biblioteca Pública de Pontevedra o por teléfono (986 850 838) de 9 a 14 h. o por correo electrónico a biblio.publica.pontevedra@xunta.es.
- Club de lectura. Gallego (luns)
- Club de lectura. Portugués (luns)
- Club de Lectura Inglés (martes)
- Club de lectura de Castellano (mércores)
Obradoiro de creación literarios a cargo de Luis Vallecillo. O venres 13 de setembro de 18 a 19:30 h. na sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra.
Inscripción a partir do 2 se setembro na 3ª planta da Biblioteca Pública de Pontevedra o por teléfono (986
850 838) de 9 a 14 h. o por correo electrónico a
biblio.publica.pontevedra@xunta.es.
Contacontos "Contos nas orellas" a cargo de Bea Campos. O venres 20 se setembro as 18:00 h. na sala infantil. Entrada de balde. Nen@s a partir de 3 anos.
20 de Setembro, venres. Presentación do libro: "Triste Escarlata" de Marcus Cabada. O venres 20 de Setembro as 19:30 h. no Salón de Actos.
Triste escarlata, unha visión vangardista da realidade, nárranse miles de pensamentos e sensacións filosóficas aleatorias que plasman a confrontación entre dous mundos diferentes: unha morte en grao sumo viva e unha vida case morta. Unha enfermidade incurable que se canalizará a través da literatura, Lúa, a filla do indomable e unha mortífera cor, o escarlata, serán os únicos reveladores da verdade e, por tanto, da realidade escondida tras a tolemia da imaxinación, a memoria e do segredo da vida.
Contacontos
"A cara dos contos" a cargo de Chus Otero. O venres 27 se setembro as
18:00 h. na sala infantil. Entrada de balde. Nen@s de 3 a 7 anos.
mércores, 28 de agosto de 2013
mércores, 3 de xullo de 2013
xoves, 27 de xuño de 2013
A
Biblioteca Pública de Pontevedra foi creada en 1848 a partires dos
antigos fondos de varios mosteiros. Pasou polos edificios do
Instituto Provincial, colexio da
Compañía, Palacio Provincial, arquivo de Facenda e o Instituto de Ensinanza Media.
En 1960 trasládase ao Paseo de Colón, compartindo espazo co Arquivo Histórico. En 1988 trasládase en á rúa Alfonso XIII, nº 3, lugar que hoxe ocupa.
Ademais
dos primitivos fondos provintes da Desamortización, a biblioteca foi
incorporando ao longo da súa historia numerosas adquisicións, provintes
de coleccións diversas, conformando o fondo co que conta hoxe.
- Depósitos da colección da Sociedade Arqueolóxica e Colección Sampedro
- Libros en homenaxe a Losada Diéguez
- Biblioteca Muruais (1946), de obras francesas e inglesas sobre literatura e arte, principalmente do século XIX
- Parte da biblioteca das irmáns Mendoza
- Fondos da Biblioteca do profesor Carlos Villar
- Así mesmo, entre os seus fondos antigos, posúe dez incunábeis, vinte manuscritos e 1.849 libros raros dos séculos XVI, XVII e XVIII
Na
actualidade dispón de 145.550 títulos, 2.786
publicacións periódicas e revistas, das que 696 son de actualidade e
13.810 materiais especiais.
A Biblioteca Pública de Pontevedra
Antonio Odriozola forma parte da rede de Bibliotecas de Galicia e tamén
da rede de Bibliotecas Públicas do Estado, coma unha das 51 bibliotecas
que a constitúen. Participa en proxectos
colaborativos de catalogación e actualmente colabora no proxecto Pregunte: a biblioteca responde que da respostas a cuestións plantexadas por usuarios a través de Internet.
No ano 2007 a biblioteca foi centro piloto no programa da Consellería de Cultura e Deporte Bibliotecas ilustradas, que
pretendía anovar a imaxe das bibliotecas galegas, dentro do cal o
ilustrador pontevedrés Kiko Da Silva realizou varios murais na sala do
primeiro andar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Libros con corazón
Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...
-
Tres libros infantís que rompen tópicos de xénero Co gallo do Día Mundial contra a violencia de xénero, que se celebra o 25 de novemb...
-
Visita guiada pola biblioteca ás 11:00 h e as 18:30 h Incremento do número de obras que se poden levar en préstamo durante o ...
-
Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...