A
Biblioteca Pública de Pontevedra foi creada en 1848 a partires dos
antigos fondos de varios mosteiros. Pasou polos edificios do
Instituto Provincial, colexio da
Compañía, Palacio Provincial, arquivo de Facenda e o Instituto de Ensinanza Media.
En 1960 trasládase ao Paseo de Colón, compartindo espazo co Arquivo Histórico. En 1988 trasládase en á rúa Alfonso XIII, nº 3, lugar que hoxe ocupa.
Ademais
dos primitivos fondos provintes da Desamortización, a biblioteca foi
incorporando ao longo da súa historia numerosas adquisicións, provintes
de coleccións diversas, conformando o fondo co que conta hoxe.
- Depósitos da colección da Sociedade Arqueolóxica e Colección Sampedro
- Libros en homenaxe a Losada Diéguez
- Biblioteca Muruais (1946), de obras francesas e inglesas sobre literatura e arte, principalmente do século XIX
- Parte da biblioteca das irmáns Mendoza
- Fondos da Biblioteca do profesor Carlos Villar
- Así mesmo, entre os seus fondos antigos, posúe dez incunábeis, vinte manuscritos e 1.849 libros raros dos séculos XVI, XVII e XVIII
Na
actualidade dispón de 145.550 títulos, 2.786
publicacións periódicas e revistas, das que 696 son de actualidade e
13.810 materiais especiais.
A Biblioteca Pública de Pontevedra
Antonio Odriozola forma parte da rede de Bibliotecas de Galicia e tamén
da rede de Bibliotecas Públicas do Estado, coma unha das 51 bibliotecas
que a constitúen. Participa en proxectos
colaborativos de catalogación e actualmente colabora no proxecto Pregunte: a biblioteca responde que da respostas a cuestións plantexadas por usuarios a través de Internet.
No ano 2007 a biblioteca foi centro piloto no programa da Consellería de Cultura e Deporte Bibliotecas ilustradas, que
pretendía anovar a imaxe das bibliotecas galegas, dentro do cal o
ilustrador pontevedrés Kiko Da Silva realizou varios murais na sala do
primeiro andar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario