Amosando publicacións coa etiqueta Vicente Risco. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vicente Risco. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de abril de 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Vicente Risco, 1981




Vicente Martínez Risco y Agüero naceu en Ourense en 1884, alí cursou estudos primarios e tras rematar o bacharelato, estudou Dereito na Universidade de Santiago. Unha vez licenciado, conseguiu unha praza de funcionario na delegación de Facenda de Ourense. 

En 1913 mudouse a Madrid para estudar Maxisterio, onde foi alumno de Ortega y Gasset.

Regresou a Ourense en 1916 como catedrático de Historia da Escola Normal e un ano máis tarde, fundaría xunto con Noguerol, a revista literaria La Centuria. Nestes anos comeza a época máis fecunda do autor, ingresando nas Irmandades da Fala en 1917 e converténdose en teórico do nacionalismo galego con textos como: Elementos de metodología de la historia, El problema político de Galicia ou Nós, os inadaptados. Asemade participou activamente na política galega e foi un dos fundadores da revista Nós, ademais de desenvolver unha importante labor na etnografía e antropoloxía de Galicia
 
Risco foi autor de diversas novelas curtas como, Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros, O lobo da xente ou O porco de pé e máis a obra de teatro, O bufón de El Rei.

Co paso dos anos foise separando do nacionalismo e durante a II República abandonou o Partido Galeguista e ingresou en Dereita Galeguista. A súa evolución cara a unha ideoloxía máis conservadora e católica, fixeron que co estalido da Guerra Civil, apoiara o ideario franquista.

Durante os anos corenta residiu en Pamplona e Madrid, colaborando en diversos xornais, para regresar a Ourense en 1948.

Desde 1940 escribiu sempre en castelán, agás algunha tradución ao galego de importantes obras como La familia de Pascual Duarte.

O 30 de abril de 1963, Vicente Risco falece en Ourense.


Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...