Amosando publicacións coa etiqueta Bibliotecas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bibliotecas. Amosar todas as publicacións

venres, 11 de novembro de 2016

Beatriz Araújo Vázquez, a voluntaria na Biblioteca que coordina as Conversas en español para estranxeiros

Entrevistamos a Beatriz Araújo Vázquez, a voluntaria na Biblioteca que coordina as Conversas en español para estranxeiros


                                        Beatriz Araújo, á dereita con dúas participantes na actividade.


Beatriz Araújo é mestra de inglés en primaria. Gústanlle as linguas e coñecer outras sociedades e culturas. É unha persoa extravertida, creativa e sensible. Valora a natureza, as paisaxes, os animais e o medio ambiente.

Como xurde a necesidade de axudar aos demais?
Levo colaborando en voluntariado hai xa algúns anos tanto a nivel social como medio ambiental, e en concreto na biblioteca dende outubro de 2013. 

En que consiste a actividade que levas a cabo na biblioteca e dende cando se desenvolve?
Son clases de conversa baseadas en situacións comunicativas reais nas que tratamos tamén temas de interese dos alumnos. Solemos facelas os sábados alternos de cada mes, durante unha hora.

Como cres que evolucionou a actividade que coordinas na biblioteca neste tempo que leva funcionando?
Comezamos conversando nunha sala e agora xa saímos a sitios onde xorden situacións comunicativas reais de interese para o alumnado.

Que perfil teñen os usuarios cos que traballas na biblioteca?
Soen ser estudantes ou au pairs.

Que retos e perspectivas tes para a actividade?
Que consigan ter un nivel moi fluído e que se saiban desenvolver correctamente nas diferentes situacións cotiás.

Que é o máis gratificante de ser voluntaria?
Que a xente agradece de verdade a túa axuda porque a necesita.

Que lles dirías a quen ten ganas de formar parte do voluntariado pero non se decide?
Pois que pense que nesta sociedade xorden necesidades reais nas persoas que precisan ser atendidas e que todos estamos capacitados para axudar.

Como ves o panorama educativo en xeral e cales son os desafíos que temos sobre a mesa en canto a educación?
O panorama está difícil e inestable. Os principais desafíos son lograr un verdadeiro pacto de estado pola educación e dignificar realmente a figura do mestre ou profesor na sociedade.

Que papel podemos levar a cabo as bibliotecas segundo a túa opinión en canto a educación?
Colaborar máis man a man dando a coñecer os proxectos educativos e culturais que fan os centros na cidade.

Beatriz reúnese dous sábados alternos ao mes cos participantes da actividade, a veces na biblioteca e outras fóra da mesma, para reproducir situación reais e mellorar a inmersión lingüística.

Se alguén ten interese por participar pode solicitar información no teléfono 886159250 ou no correo biblio.publica.pontevedra@xunta.gal





martes, 12 de novembro de 2013

Simposio "O futuro da biblioteca no entornó dixital"



http://www.editoresgalegos.org/es/actualidad/novas/amosar/id/4711


Este xoves, 14 de novembro, terá lugar décima edición do Simposio anual organizado pola Asociación Galega de Editores co patrocinio de CEDRO.  
Máis de 90 profesionais bibliotecarios, profesores, editores, etcétera, participarán na xornada que que versará sobre  O futuro da biblioteca no entorno dixital.  Colaboran o Consello da Cultura Galega, en cuxo auditorio ten lugar a actividade e a Secretaría Xeral de Cultura. 
O programa, que pode descargarse aquí: Simposio do Libro 2013, é o seguinte:

10:00 h. Inauguración. Presidente da AGE, Secretario Xeral de Cultura e representante Consello da Cultura Galega.

10:30 h. Conferencia inaugural: Jordi Permanyer i Bastardas, Gerent de Biblioteques da Diputaciò de Barcelona.
De 12:00 a 14:00 h. Panel de experiencias sobre bibliotecas de éxito. Interveñen:
* Cristina Novoa, Coordinadora de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación. As bibliotecas escolares galegas no contexto da cultura dixital. Proxecto E-LBE.
* Mari Luz Corral, directora do Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros.
* Catuxa Seoane, responsable de comunicación dixital e coordinadora das redes sociais da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña.
* Francisco Domínguez, director da Biblioteca Penzol. Dixitalización para a investigación.
* Mª del Mar Larouba Sánchez, directora da Biblioteca Nodal Miguel González Garcés da Coruña.
De 16:30 a 18:00 h. Debate sobre a biblioteca e o entorno dixital. Interveñen:
* Celso Figueroa, director de Nube dixital. Libranda/Bibliotecas.
* Mabela Casal, directora da Biblioteca Universitaria da USC.
* Elena Becerra, directora de Bibliotecas de Redondela.
* Miguel Ángel Calvo Lázaro, director Xeral de Xercode-Servizos Bibliotecarios.
De 18:15 a 19:30 h. Conferencia de peche: En defensa da biblioteca pública. Suso de Toro, escritor e profesor.»

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...