Amosando publicacións coa etiqueta día da muller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día da muller. Amosar todas as publicacións

venres, 5 de marzo de 2021

mércores, 8 de marzo de 2017

As irmáns Touza


 Lola, Amparo e Julia Touza: tres mulleres galegas que merecen ser recordadas


Galicia, Ribadavia, anos 40. Nun contexto eminentemente rural, xorde a figura de tres mulleres que racha cos clixés dunha época na que o papel da muller se circunscribía básicamente ao contorno familiar.

Lola , Amparo e Julia Touza rexentaban a cantina da estación de ferrocarril de Ribadavia. Mulleres traballadoras, emancipadas, que incluso chegaron a ser nais sen ter que pasar pola vicaría. Sendo isto algo certamente extraordinario na Galicia desa época.


Ninguén sospeitou que baixo esa apariencia sinxela de mulleres rurais se atopaban tres persoas extraordinarias que adicaron o froito do seu traballo a axudar aos viaxeiros que chegaban de maneira clandestina, a fuxir dunha Europa horrorizada pola ameaza da Alemaña nazi.










Para combatir o antisemitismo non fai falla ser xudeu, como para loitar contra o racismo non fai falla ser negro. Lamentablemente, ás veces parece que para combatir a discriminación da muller, é necesario ser muller.” (Soledad Gallego Díaz)
Bibliografía:

Estación libertad : tres hermanas de Galicia ayudaron a escapar a miles de perseguidos por la Gestapo / Emilio Ruiz Barrachina CN RUI est

  Memoria de ferro / Antón Patiño Regueira. 23728

  Lola Touza : la Schindler Gallega 1941-1945 / Vicente Piñeiro GN PIÑ lol

luns, 3 de marzo de 2014

Centros de Interese - "Todos os días son 8 de marzo. 8 de marzo, día internacional da muller

Centros de Interese

"Todos os días son 8 de marzo. 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Na sala de préstamo (2º andar) da Biblioteca Pública de Pontevedra, do 3 ao 20 de marzo. Interesante selección de literatura, ensaios, música e películas coa muller como protagonista.

En 1975 a ONU comezó a celebrar o 8 de marzo como o Día Internacional da Muller

O lema do Día Internacional da Muller 2014 é "Igualdade para as mulleres: progreso para tod@s".




Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...