Galicia, Ribadavia, anos 40. Nun contexto eminentemente
rural, xorde a figura de tres mulleres que racha cos clixés dunha época na que
o papel da muller se circunscribía básicamente ao contorno familiar.
Lola , Amparo e Julia Touza rexentaban a cantina da estación de ferrocarril
de Ribadavia. Mulleres traballadoras, emancipadas, que incluso chegaron a ser
nais sen ter que pasar pola vicaría. Sendo isto algo certamente extraordinario
na Galicia desa época.
Ninguén sospeitou que baixo esa apariencia sinxela de mulleres rurais se
atopaban tres persoas extraordinarias que adicaron o froito do seu traballo a
axudar aos viaxeiros que chegaban de maneira clandestina, a fuxir dunha Europa
horrorizada pola ameaza da Alemaña nazi.
“Para combatir o antisemitismo non fai falla ser xudeu, como para loitar contra o racismo non fai falla ser negro. Lamentablemente, ás veces parece que para combatir a discriminación da muller, é necesario ser muller.” (Soledad Gallego Díaz)
Ningún comentario:
Publicar un comentario