Do gris ao violeta: achegas á historia das mulleres de Pontevedra
Esta obra recolle unha magnífica historia sobre a outra metade, a que moitas veces se esquece na maior parte dos libros de historia: as mulleres. E máis en concreto as mulleres en Pontevedra desde a Idade Media até a actualidade.
Citando o propio libro:
"Protagonistas silenciosas e silenciadas, suxeitos históricos presentes desde os tempos antigos, na Gallaecia as benefactoras, labregas e viaxeiras; na Galiza medieval as artesáns, menciñeiras, soldadeiras, abadesas e raíñas, pertencen aos colectivos que comezaron a escrita dunha historia negada durante séculos".
María Xesús Lopez Escudero, Carme Vidal, María Victoria Martins
Rodríguez, Xosé Alvarez Castro, Montse Fajardo, Ana Cabana Iglesia, Mario
Gallego Rei, Ramón Rozas, María Abelleira e Ana Acuña son quen escriben neste libro que sen dúbida axusta contas e gustará a todos os lectores.
Referencia para pedilo na Biblioteca: 316 DOG
Ningún comentario:
Publicar un comentario