Amosando publicacións coa etiqueta cinema. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cinema. Amosar todas as publicacións

martes, 16 de novembro de 2021

"Os marabillosos xoguetes ópticos"




 Obradoiro de precine


                    Queredes saber que artefactos foron os precursores do cine moderno? 

As nenas e nenos realizarán os seus primeiros debuxos animados construíndo xoguetes ópticos.

 

O venres 26 de novembro ás 18.00 h. para rapazada de 6 a 11 anos.

 

Con inscrición previa a partir do 17 de novembro ás 11.00 h. a través do formulario da páxina web da biblioteca



luns, 30 de marzo de 2020

Un anaco de pastel


O cine non é un anaco de vida senón un anaco de pastel”(Alfred Hitchcock). Pode que os pasteis non sexan o máis saudable, nen os debamos comer a cotío pero quén se pode resistir de cando en vez a un bo pedazo de torta?. No cine ocorre o mesmo. Hai películas que non van pasar á historia  como obras mestras, non son as mellores dos seus directores nin dos seus actores, nin van elevar o noso nivel cultural, pero son ese tipo de películas que nos provocan unha sensación tan pracenteira como tomar o noso doce favorito. Ahí vai unha selección de cinco filmes para sorrir, rir as gargalladas, emocionarse, e ver acompañadas, como non, dun pastel.


Café irlandés : Barrio obreiro dunha cidade irlandesa dos anos 80. A familia Curley ten que facer frente a unha nova inesperada … a filla maior está embarazada, pero nin sequera ten noivo. Quén será o pai?. Sinxela, descarada, entrañable e tremendamente divertida.




Frankie & Johnny: Un restaurante grego un ex-presidiario convertido en cociñeiro, unha camareira triste e desencantada. Persoas correntes que dan vida a unha doce historia de amor. Chea de tenrura e romanticismo, quen non a elexiría para unha tarde de sofá?




Airbag: Un grupo de amigos organiza unha despedida de solteiro que traerá insospeitadas consecuencias ...Narcos galegos e portugueses, Gardas civís, clubes de alterne e os mais dispares personaxes poblan esta comedia gamberra, desmadrada e políticamente incorrecta na que rirás de principio a fin.






Quiero ser como Beckham: Jess e Jules habitan na mesma cidade inda que en mundos moi distintos pero ambas teñen algo en común : a súa paixón por o fútbol. Bonita historia de superación e amizade que a pesares de tratar temas como o racismo e a homofobia o fai con un tono de humor e desprendendo alegría.





Días de radio: Toda unha homenaxe a época dorada da radio.Da man dunha marabillosa banda sonora coñeceremos as pequenas historias dunha peculiar e humilde familia xudía de Nova York. Poética, melancólica, evocadora, fai da nostalxia todo un arte.




Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...