Tres libros infantís que rompen tópicos de xénero
Co gallo do Día Mundial contra a violencia de xénero, que se celebra o 25 de novembro, dende a Biblioteca Pública de Pontevedra queremos destacar tres libros infantís que rompen tópicos de xénero.
Tratase da colección Lila Lilaina. Os seus tres títulos: ‘Roi quere ser mamá’, ‘Carlota e o príncipe azul’ e ‘Azul e Rosa’ cuestionan certos símbolos, hábitos e costumes sobre a separación entre sexos e o que se espera dos nenos e das nenas.
Nun mundo no que tanto certa literatura infantil coma parte dos brinquedos que existen no mercado seguen a perpetuar certos preconceptos sobre o propio de rapazas e o propio de rapaces, esta colección enséñalles a nenas e nenos que non hai cores específicas segundo o xénero, que os papas e as mamas fan o mesmo tipo de cousas e que agardar por un príncipe azul pode ser moi aburrido.
Ana Pillado Vega é a autora desta colección que están entre os referentes da igualdade entre nenas e nenos.
Podes atopalos na biblioteca:
- Carlota e o Príncipe azul / Ana Pillado Vega. RJ 832 PIL car
- Roi quere ser mama / Ana Pillado Vega. RJ 832 PIL roi
- Azul e Rosa / Ana Pillado Vega. RJ 832 PIL azu
Ningún comentario:
Publicar un comentario