mércores, 2 de novembro de 2016

Actividades Novembro 2016


5 de novembro, venres: Obradoiro “Outra realidade”, a cargo de IMASV (Antonio Rodríguez)
(Especial Mes da Ciencia)





Sinopse: A nosa vista pode enganarnos…No obradoiro amosaranse efectos e enganos visuais, visión anaglífica, gafas 3D, realidade aumentada, hologramas…que nos farán reflexionar se o que vemos é certo.
Especial Mes da Ciencia co tema de Física óptica
Público destinatario: Nen@s a partir de 9 anos (14 prazas)
Con inscripción previa, a partir do 24 de outubro, luns, na biblioteca,  na planta baixa  (Información) ou por teléfono (886 15 92 50)  de 9:00 a 20:30 h.
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: De 18:00 a 19:30
Entrada de balde

11 de novembro, venres:  Sesión de contos + obradoiro de debuxo: “Felisa, Manso e o doutor: unha homenaxe a Manuel Lueiro Rey”, a cargo de Polo Correo do Vento
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo

18 de novembro, venres:  Sesión de contos “Historias encontadas”, a cargo de Pavís Pavós

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo

25 de novembro, venres: Obradoiro de ciencia “Última hora: escape de gas controlado na biblioteca ”, a cargo da Científica Quimi
 (Especial Mes da Ciencia)

Sinopse: Mergúllate no mundo das reaccións químicas. Produce o teu propio CO2, e reutilízao para inflar un globo sen soprar. Apúntaste?.
Antes de despedirnos, atrévete a deseñar a túa propia molécula e proba a formar palabras co Quimigrama...Tamén haberá sopresa...shhhh
Pontevedra ten ciencia!
Público destinatario: Nen@s de 4 a 8 anos (20 prazas). Acompañados dun adulto.        
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: De 18:00 a 19:30
Con inscripción previa, a partir do 14 de novembro, luns, na entrada da Biblioteca (Información) e por teféfono (886 15 92 50),  en horario de 9 a 20:30.
Entrada de balde


MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA
ANTONIOODRIOZOLA



5 de novembro ás 11:30 h na sala de talleres:Outra realidade: gafas 3d Obradoiro para traballar coa realidade el 3D a cargo de ImasV. 

Para nenos e nenas a partir de 9 anos.
Inscrición previa.



25 de novembro ás 18:00 h na sala de talleres: Última hora: escape de gas controlado na biblioteca Obradoiro de experimentos con globos a cargo de Científica Quimi.

Para a nenos e nenas de 4 a 9 anos acompañados dunha persoa adulta.
Inscrición previa.


Todo o mes de novembro Mostras bibliográficas:

* Lendo entre dinosauros no espazo da
sala infantil.

* A ciencia ao alcance de todos: a difusión científica
Sala de exposicións


OBSERVATORIO SOCIO-EDUCATIVO INSPIRA

A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola (R/Alfonso XIII, 3,36002 Pontevedra), a través do seu programa de Voluntariado promove o  “Observatorio Socio-educativo Inspira”, 6 sesións de charlas que teñen por finalidade abrir un espazo de debate e encontro entre os/as implicados/as de forma directa ou indirecta no ámbito do cambio e a dinamización socio-educativa.
O ciclo desenvolverase un sábado ao mes e pretende ter continuidade no tempo, convidando a diferentes protagonistas do cambio que dun xeito ou outro levan a cabo propostas inspiradoras e positivas de cambio, innovación e compromiso coa educación e a sociedade en todos os niveis formativos e educativos.
O observatorio estará coordinado por Rocío Gómez-Juncal, psicóloga e dinamizadora socio-educativa, formadora en áreas de psicoloxía básica e creatividade e voluntaria na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola.

O programa previsto de nvoembro  de 2016 a abril de 2017 se iniciará o próximo sábado 5 de novembro. Entrada libre ata completar aforo

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...