mércores, 30 de novembro de 2016

ACTIVIDADES NADAL 2016. Biblioteca Pública de Pontevedra AntonioOdriozola



2 de decembro, venres:  Sesión de contos “Historias antes do Nadal”, a cargo de Pavís Pavós

Público destinatario
: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00 h.
Entrada de balde, ata completar aforo

3 de decembro, Sábado. Conferencia Sobre consumo responsable "La Canalla", a cargo de Patrica e Francisco Soto.

2ª xornada do OBSERVATORIO SOCIOEDUCATIVO INSPIRA. Propostas de mellorano ámbiro socio-educativo. Coordina Rocío Juncal.

Público destinatario: Todos os públicos
Data: Sábado 3 de decembro, de 11:00 a !3:00 h
Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola. Sala de obradoiros
Entrada libre ata completar aforo

12 de decembro- 8 de xaneiro. Centro de Interese "Contos a luz do Nadal"
Selección de títulos de literatura infantil relacionados co Nadal

Lugar:
 Sala Infantil
Hora: Luns a venres de 16:00 a 21:00, sábados de 10:00 a 14:00.

16-26 de decembro: "En familia por derecho" 

Exposición a cargo de Proxecto de Acollemento Familiar de Cruz Vermella  que presentan diferentes historias, familias acolledores, menores que viviu en acollemento familiar e que ten como finalidade difundir esta medida de protección á infancia así como aumentar o número de familias dispoñibles en Pontevedra para que todos os menores teñan a posibilidade de vivir en familia.  

Público destinatario: todas as idades
Lugar: Salón de actos
Hora: luns a venres de 09:00 a 21:00 h. - sábados de 10:00 a 14:00 h-

16 de decembro, venres: Espectáculo de maxía: “A maxia de Mary Poppins”

Público destinatario: Público familiar
Lugar: Salón de actos
Hora: 18:30 h. 

Entrada de balde, ata completar aforo




22 de decembro, xoves:  Contacontos en inglés "The elf's inventions" a cargo de Kids & Us Lenguage School


Contacontos en Inglés para nenas e nenos de tres a oito anos 
As storytimes son representacións teatrais 100% en inglés. A través de distintos personaxes, cancións transportamos a os nenos e nenas a un mundo cheo de fantasía.
Sinopse de "The elf's inventions":
Papá Noel é un home moi ocupado e por iste motivo Duster, un dos seus elfos, creou dous novos inventos para axudalo: o Freezifier e o Bad-O-Meter. ¿Conseguirán os inventos de Duster salvar o Nadal? ¿Ou o estragarán?
Público destinatario: Público familiar
Lugar: Salón de acto
Hora: 17:00 h
Entrada de balde, ata completar aforo

28 de decembro, mércores: Sesión de contos "Contos á luz do Nadal" a cargo de Expresión produccións (Manuel Solla) "Especial Nadal"


Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos 
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...