luns, 28 de agosto de 2017

Un verán épico

A Biblioteca de Pontevedra celebra máis épico dos últimos anos. Para iso, na sala infantil reúne nun centro de interés libros infantís de dragóns, trolls, fadas, ogros e demáis seres míticos.
O dragón Maeloc davos a benvida a un mundo de fantasía no que vivir extraordinarias aventuras da man dos libros seleccionados.
E no salón do trono poderás sentarte e pór a coroa para sacar unha fotografía.
Ata o 30 de setembro.










venres, 4 de agosto de 2017

As embarcacións tradicionais en Galicia



Mostra organizada pola Biblioteca Pública de Pontevedra na sala de exposicións dende o 1 de agosto ata o 20 de setembro de 2017.
Partindo da exposición "Pequena guía de embarcacións tradicionais" cedida por Culturmar (Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial), faise un percorrido pola cultura mariñeira galega. Pódense ver dende libros propios da Biblioteca ou aparellos vinculados co mar e asúa cultura até unha importante selección de fotografías ou mesmo unha dorna.








Cóntanos que les

Con motivo do día do lector e da lectora que se celebra o 3 de novembro faremos unha selección cos libros que nos recomendedes as lectoras e...