Amosando publicacións coa etiqueta curso de filosofía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curso de filosofía. Amosar todas as publicacións

mércores, 19 de setembro de 2018

CURSO DE FILOSOFÍA

 
A Biblioteca Pública de Pontevedra pon en marcha o curso "Filosofía: cuestionar as opinións dominantes" a cargo do Dr. en Filosofía e CC.EE. ,Catedrático de Filosofía, Domingos Antom Garcia Fernandes.
Este ano impartirase un só curso de filosofía de acceso aberto a todas as persoas que queiran participar, sen que sexa preciso facer unha inscrición, nin que a asistencia sexa obrigatoria. O título do curso é "Filosofía: cuestionar as opinións dominantes" e celebrarase os xoves no salón de actos de 19.00 a 20.45 h.  As lecturas que os asistentes deberán realizar antes da reunións estarán dispoñibles cunha semana de antelación na páxina web do Curso de filosofía







PROGRAMA DO CURSO:

Dia 4 de outubro: A caverna de Platón e a nosa caverna. A que se adica a Filosofía?
Dia 11 de outubro: Saberes acríticos, saber científico e saber filosófico
Dia 18 de outubro: O declinar da razón. A respecto das supersticións, das creenzas e das pseudociencias
Dia 25 de outubro: Cosmologías, biofilosofías, antropologías
Dia 8 de novembro: As fronteiras do determinismo
Dia 15 de novembro: Biologia e sociologia das paixóns. O herdado e o aprendido
Dia 22 de novembro: A terapia das identidades. O “facere” fronte ao “fieri”  

Descanso ou suspensión da actividade ata o día 10 de xaneiro de 2019

Dia 10 de xaneiro: O capitalismo. A respecto do primitivismo. As ideologias nostálgicas
Dia 17 de xaneiro: A institución familiar
Dia 24 de xaneiro: As clases sociais
Dia 31 de xaneiro: De política, xustiza e dereito
Dia 7 de febreiro: Con respecto a la democracia realmente existente
Dia 14 de febreiro: Reforma ou revolución
Dia 21 de febreiro: Corpo(s) e Capital. Sobre os feminismo(s)
Dia 28 de febreiro: A ideologia dos DD.HH. como parte do imaginário social capitalista

Descanso ou suspensión de actividade atao dia 2 de maio

Dia 2 de maio: Horizontes natural, social e teolóxico da liberdade
Dia 9 de maio: A igualdade
Dia 16 de maio: Algunhas teorías da Religión
Dia 23 de maio: De morais e Ética
Dia 30 de maio: Privado, público, común

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...