A Biblioteca Pública de Pontevedra pon en marcha o curso "Filosofía:
cuestionar as opinións dominantes" a cargo do Dr. en Filosofía e CC.EE.
,Catedrático de Filosofía, Domingos Antom Garcia Fernandes.
Este ano impartirase un só curso de
filosofía de acceso aberto a todas as persoas que queiran participar,
sen que sexa preciso facer unha inscrición, nin que a asistencia sexa
obrigatoria. O título do curso é "Filosofía: cuestionar as opinións dominantes" e
celebrarase os xoves no salón de actos de 19.00 a 20.45 h. As lecturas
que os asistentes deberán realizar antes da reunións estarán
dispoñibles cunha semana de antelación na páxina web do Curso de filosofía
PROGRAMA DO CURSO:
Dia 4 de outubro: A caverna de Platón e a nosa caverna. A que se adica a Filosofía?
Dia 11 de outubro: Saberes acríticos, saber científico e saber filosófico
Dia 18 de outubro: O declinar da razón. A respecto das supersticións, das creenzas e das pseudociencias
Dia 25 de outubro: Cosmologías, biofilosofías, antropologías
Dia 8 de novembro: As fronteiras do determinismo
Dia 15 de novembro: Biologia e sociologia das paixóns. O herdado e o aprendido
Dia 22 de novembro: A terapia das identidades. O “facere” fronte ao “fieri”
Descanso ou suspensión da actividade ata o día 10 de xaneiro de 2019
Dia 10 de xaneiro: O capitalismo. A respecto do primitivismo. As ideologias nostálgicas
Dia 17 de xaneiro: A institución familiar
Dia 24 de xaneiro: As clases sociais
Dia 31 de xaneiro: De política, xustiza e dereito
Dia 7 de febreiro: Con respecto a la democracia realmente existente
Dia 14 de febreiro: Reforma ou revolución
Dia 21 de febreiro: Corpo(s) e Capital. Sobre os feminismo(s)
Dia 28 de febreiro: A ideologia dos DD.HH. como parte do imaginário social capitalista
Descanso ou suspensión de actividade atao dia 2 de maio
Dia 2 de maio: Horizontes natural, social e teolóxico da liberdade
Dia 9 de maio: A igualdade
Dia 16 de maio: Algunhas teorías da Religión
Dia 23 de maio: De morais e Ética
Dia 30 de maio: Privado, público, común
Ningún comentario:
Publicar un comentario